Manuel Colmeiro Penido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Biografía==
Nado en Santiago de Compostela en 1818, estudou na [[USC|Universidade de Santiago]] Filosofía (1829-32) e Dereito (1838), doutorándose en 1841. Logo de exercer como profesor de [[Economía Política]] nesa mesma Universidade (1840-42) obtivo en 1847 as cátedras de Economía Política en Compostela e Dereito Administrativo en Madrid.
 
Adscrito ao [[Partido Fusionista]] foi elixido [[deputado]] en 1865 e senador en 1871 e 1879. En 1881 foi nomeado fiscal do [[Tribunal Supremo]], o seu escano senatorial pasou a ser vitalicio e foi designado membro da comisión encargada da reforma do [[Código de Comercio]]. Catro años máis tarde integrou a comisión do [[Senado]] que someteu a revisión o proxecto de [[Código Civil]].
 
Foi membro da [[Real Academia de la Historia]] e da [[Real Academia de Ciencias Morales y Políticas]], da que foi o seu primeiro bibliotecario (1859-1894).
==Pensamento==
A principal aportación de '''Manuel Colmeiro''' no campo do [[Dereito político]] foi a súa concepción dualista da [[división de poderes]]. Consideraba que o Estado só debídebía ter dúas funcións: dictar as leis (función que estaría a cargo do [[poder lexislativo]]) e aplicalas e facelas cumprir (misión que quedaría subordinada á dirección do lexislativo e que estaría desempeñada polos poderes [[poder executivo|executivo]] e [[poder xudicial|xudicial]]). Ademais, foi o introdutor e sistematizador do [[Dereito administrativo]] en España.
 
Como economista realizou un importante traballo de investigación sobre a [[historia económica]] de España e o pensamento económico español especialmente as súas obras: "''Historia de la Economía Política en España"'' (1883) e "''Biblioteca de los economistas españoles de los siglos XVI, XVII y XVIII"'' (1880). A esta última obra [[Joseph Alois Schumpeter|Schumpeter]] refírese con frecuencia na súa "''Historia da análise económica"''. Como teórico evolucionou dunha postura inicial [[protecionismo|protecionista]], moi influido por [[Blanqui]] e [[Flores Estrada]], ata defender con forza o [[liberalismo]] nos seus últimos escritos.
 
==Obras==
*''Economia política óo principios de la ciencia de las riquezas por J. Droz... Traducida al español y adicionada con una introduccion y varias notas'', 1842.
*''Memoria sobre el modo de remediar los males inherentes á la extremada subdivision de la propiedad territorial en Galicia: un folleto'' (sen data).
*''Tratado elemental de Economia política ecléctica'', 1845.
Liña 37:
| ano = 1996
| publicación = Xunta de Galicia
| id = ISBN 978-84-453-1688-57
}}