Gunderico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:formateando categorías en maíuscula
Desambiguación de Lusitania
Liña 3:
Cos seus aliados [[suevos]] e a cabalaría pesada proporcionada por varios clans alanos, Gunderico derrota unha forza de 3.000 francos e forza o paso á [[Galia]], que recorre saqueando, entre outras, cidades como [[Maguncia]] ou [[Amiens]]. Con todo, ante a presión conxunta dos francos e das tropas britano-romanas do usurpador [[Constantino III]], vese empuxado cara o sur, cruzando os [[Pireneos]] o [[409]].
 
Dous anos despois, en [[411]], un tratado con Roma establecerá aos vándalos asdingos na [[Gallaecia]] Asturicensis, aos suevos en [[Conventus Lucensis|Lugo]] e [[Conventus Bracarensis|Braga]], aos alanos en [[Lusitania (provincia)|Lusitania]] e a [[Cartaginensis]], e aos vándalos silingos na [[Bética]]. Esta situación, porén, ha durar pouco, debido á intervención dos [[visigodos]] que, dirixidos por [[Walia]] e en calidade de "foederati" de Roma, interveñen en [[Hispania]]. O ano [[417]] Walia penetra na Cartaginensis e derrota aos vándalos silingos na Bética, capturando ao seu rei [[Fredebaldo]]. O [[418]] chégalle a vez aos alanos, cuxo rei [[Adax]] morre a mans dos visigodos. Como consecuencia de todo isto, Gunderico acabará asumindo en [[419]] o título de “Rex Wandalorum et Alanorum” (Rei de vándalos e alanos) e instalando ao seu pobo na Bética como "foederati".
 
En [[422]], Gunderico derrota a un exército romano que, ao mando de [[Castino]], pretendía recuperar a Bética. [[Cartagena (España)|Cartagena]] é devastada e numerosos portos do [[Mediterráneo]] caen en poder dos vándalos, que desenvolven una flota coa que realizan incursións en [[Baleares]] e o norte de [[África]]. En [[426]] logran tomar [[Hispalis]] ([[Sevilla]]), onde Gunderico ha morrer dous anos despois en escuras circunstancias, sendo sucedido polo seu irmán ilexítimo [[Xenserico]].