Pedra das Ferraduras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Nova páxina: A '''Pedra das Ferraduras''' é un complexo conxunto de petróglifos ao ar libre, nos que atopamos gravuras datadas no calcolítico e os inicios da Idade do Bronce, arredor...
 
Lansbricae (conversa | contribucións)
Liña 9:
A pedrá é de regulares dimensións. A rocha é de gran tamaño e presenta forma abombada concentrándose as numerosas [[inscultura]]s na parte superior, plana, e a cara orientada cara o sur de forte pendente.
 
Na parte suerior amósase unha combinación de círculos concéntricos con trazos encostados ao anel externo, numerosas pegadas de [[cérvidos]] ou bóvidos e dúas combinacións circulares atípicas.
 
Na cara sur represéntanse sete figuras zoomórficas (un deles con gran cornamenta) e tres deseños idoliformes (probablemente ídolos cilindro) e cinco figuras antropomórficas moi simples que, posiblemente armados, rodean aos animais. A figura antropomorfa no centro da parte superior e central empuña na man dereita unha enorme espada moi desproporcionada en relación á figura humana, e sostendo co outro brazo un escudo circular, enténdendose como unha posible representación xerárquica. Xunto a espada represéntase un puñal de menor tamaño.