Mileto, Grecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 1:
 
[[Imaxe:Map of Lydia ancient times.jpg|thumb|Mapa de Mileto e outras cidades de Anatolia durante o imperio [[Lidia|lidio]].]]
'''Mileto''' (Μίλητος) foi unha cidade de [[Xonia]], a principal da rexión. Estaba situada no extremo norte dunha península que ao suroeste formaba o [[golfo Látmico]] co monte Grión. A cidade estaba na ribeira do [[río Meandro]], preto da desembocadura.
Liña 36 ⟶ 35:
 
Na guerra entre Roma e [[Antíoco III]] o grande, Mileto apoiou a aquel e o [[-188]] foi recoñecida cidade libre. O [[-133]], cando o [[reino de Pérgamo]] se converteu en provincia romana, Mileto foi agregada á provincia de [[Asia (provincia romana)|Asia]] pero conservou a condición de cidade libre, ata que a perdeu o [[-78]] por ter apoiado a [[Mitrídates VI Eupátor]], rei do [[Ponto]].
[[Imaxe:Pergamon Museum Berlin 2007077.jpg|thumb|300px|Maqueta da [[ágora]] e proximidades, c. 200. Modelo feito en 1968 por H. Schleif e K. Stephanowitz. Escala 1:300]]
 
[[Paulo de Tarso]] pasou pola cidade cando volvía de [[Macedonia]] e [[Misia]]. Foi sede dun [[bispo]] desde o tempo do emperador [[Decio]], cando [[Santo Tirso]] e os seus compañeiros serían martirizados na cidade. Eusebio, bispo de Mileto, participou no [[concilio de Nicea]] o [[325]] pero máis tarde [[Éfeso]] foi a sede dun bispado que incluíu Mileto e outros de [[Caria]].
 
A cidade entrou en decadencia durante o [[Imperio Romano]], decadencia que se acentuou no período [[Imperio Bizantino|bizantino]]. Foi ocupada o [[1328]] polos selxúcidas. Continuou existindo como unha pequena vila chamada [[Balat]]. O [[1424]] pasou aos [[otománs]]. Balat quedou deshabitada no [[século XVII]] e as súas ruínas serían destruídas por un terremoto o [[1955]]. Despois construíuse un novo hotel de Balat a 1 km ao sur.
 
 
==Personaxes famosos da cidade==