Diferenzas entre revisións de «Castelo do Castro de Ouro»

m
sen resumo de edición
(+es)
m
{{Castelo|O Castrodouro|CasteloPardodeCela.JPG|Alfoz|Lugo|Galicia|?|?|?|Restaurado|Restaurado|Galicia}}
 
 
 
O '''[[Castelo (fortificación)|Castelo]] do Castrodouro''' atópase na parroquia do [[O Castro de Ouro, Alfoz|Castro]], no Concello de [[Alfoz]] e debe a súa fama á súa relación co mariscal [[Pardo de Cela]].
 
==Historia==
 
Edificado sobre un antigo e importante [[castro (poboado)|castro]] romano, pertenceu ao longo da [[Idade Media]] á Mitra [[Mondoñedo|mindoniense]], despois de preitearen os veciños de Alfoz pola súa propiedade, e de ser precisa e decisiva a intervención dos Reis.
 
Cando a finais do [[século XV]] degolan a Pardo de Cela, era mariscal o seu dono por mor, probablemente, de formar parte do dote da súa voda. Cando en decembro do [[1483]] Pero Pardo de Cela foi axustizado, volve ao poder da Mitra mindoniense, a cal, rexida polo bispo Diego de Soto, entre os anos [[1546]] e [[1549]], fai reformas. O [[Padre Flórez]] expresa que :
 
<blockquote>''{{Cita|La fortaleza de castro de Oro estaba muy obscura, sin ventanas, por lo que era húmeda y enferma. Rompió las Murallas por tres partes, y abrio buenas ventanas, que dan vista y alegría a la casa: y ya tenía comprado el hierro para asegurarlas con unas rejas fuertes''</blockquote>.}}
 
Por estas palabras podemos presupor que esta fortaleza non foi derrubada polos [[Reis Católicos]] –na súa política de afogar economicamente a familia dos Pardo de Cela- xa que simplemente precisou unha reforma; se fose derruída no 1483, aproveitarían para refacela e deixala en perfectas condicións.
 
==Actividades==
 
No verán do ano [[2006]] celebráronse no castelo de Castrodouro unhas xornadas sobre Pardo de Cela.
 
Castrodouro, a casa de Fonsa Yáñez, e a [[Frouseira]] son lugares mitificados -tal e como di o profesor da Universidade de Santiago [[Carlos Barros]]- ''pola historiografía galeguista que simboliza en Pardo de Cela unha inexistente Galicia tardomedieval independentista''
 
== Ligazóns externas ==
 
* [http://historiadegalicia.fiestras.com/servlet/ContentServer?pagename=R&c=Articulo&cid=1091434324924&pubid=1022580395904 Historia e fotos do castelo]
* [http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/mitos_gal.htm Debate de Carlos Barros]
 
== Véxase tamén ==
 
*[[Castelos de Galicia]]
 
29.647

edicións