Diferenzas entre revisións de «Saruman»

sen resumo de edición
Durante séculos tivo como propósito destruír a [[Sauron]], o Señor Escuro, sendo elixido xefe do [[Concilio Branco]], pero pouco a pouco, ó estudar a historia e a ciencia dos [[Aneis de Poder]], empezou a desexar o poder para si mesmo. Durante o tempo da Segunda Liñaxe dos reis de [[Rohan]] converteuse en suposto aliado e amigo deste pobo, e eles aceptárono compracidos. Máis adiante o Senescal rexente de [[Gondor]] entregoulle a chave da torre de Orthanc en [[Isengard]], que sería o seu lugar de residencia. Logo de que o Concilio Blanco finalmente expulsara a Sauron da [[Fraga Negra]], Saruman decidiu non oír máis consello que o seu, e retirouse a Isengard, fortificándoa e converténdoa en segredo nun lugar dedicado ó mal. Conseguiu infiltrarse na corte do rei [[Théoden]] de Rohan por intermedio do conselleiro [[Gríma Lingua de Serpe]], e Théoden foi vítima durante moitos anos do feitizo do Mago, que o mantiña como un vello débil.
 
Durante a [[Guerra do Anel]] soubo polas accións de [[Gandalf]] que o [[Anel Único]] atopábasese atopaba na [[Comarca (Terra Media|Comarca]] e non tardou en ter espías alí. Tratou de convencer a Gandalf para unirse xuntos e substituír a Sauron e facerse co poder supremo na [[Terra Media]], pero ó non aceptar Gandalf, pechouno en Orthanc. Logo, mandou capturar ós [[Hobbits]] da [[Comunidade do Anel]], sabendo que un deles portaba o Anel. Así foron capturados [[Merry]] e [[Peregrin Tuk|Pippin]]. Posterirmente, dirixiu un ataque de Orcos e Dunlendinos contra os [[Rohirrim]], desatando así a [[Batalla de Cornavila]].
 
Pero Isengard foi destruída polos [[ent]]s e os [[ucornio]]s da [[Fraga de Fangorn]], e o seu exército foi aniquilado no [[Abismo de Helm]], tamén coa axuda dos ucornios. Logo, Gandalf e os demais señores vitoriosos foron a Isengard a parlamentar. Saruman aínda intentou danalos co feitizo da súa voz, pero non o logrou. Entón, Gandalf botouno da Orde dos Istari e do Concilio, e confioulle a [[Bárbol]] a súa vixilancia.
 
==Na Película==
Na versión estendida da película [[O retornoRegreso do reiRei]] morre ó principio, no parlamento con Gandalf, apuñalado por [[Gríma Lingua de Serpe]], a quen á súa vez mata [[Legolas]]. O cadáver cae da torre de [[Orthanc]] e queda empalado nunha das súas máquinas, que á súa vez xira e o afunde na inundada [[Isengard]], caendo o seu [[Palantiri|Palantir]] á auga. Entón é cando [[Peregrin Tuk|Pippin]] o colle. Gríma mátao porque Théoden lle dá a liberdade, pero Saruman denégalla e agrédeo; entón apuñálao nas costas. O cadáver do conselleiro rohirrim queda na cúspide da Torre do Mago.
 
Na triloxía de películas de [[Peter Jackson]] sobre [[O Señor dos Aneis]], Saruman foi interpretado polo actor británico [[Christopher Lee]].
3.209

edicións