Ifni: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Oilisab (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Ifni''' era unha antiga posesión [[España|española]] na costa africana, ao sur de [[Agadir]], tiña unha superficie de 1.502 km² e unha pobocíón no ano 1964 de 51.517 habitantes, a capital era [[Sidi Ifni]]. O territorio foille concedido a [[España]] en perpetuidade conforme ao Tratado asinado entre España e [[Marrocos]] en [[1860]], neste territorio tivera xa España un establecemento chamado [[Santa Cruz de la Mar Pequeña]] entre [[1476]] e [[1524]], aínda que non se sabe con exactitude a súa localización.
 
Durante moitos anos España non fixo ningún movemento para ocupar o territorio e non foi ata o [[6 de abril]] de [[1934]] que o coronel [[Osvaldo Capaz Montes]] ao desembarcar do canoneiro ''Canalejas'' tomou posesión deste territorio no nome de España. Ata [[1952]] Ifni tivo status de [[protectorado]] e nese ano converteuse en parte da ('''A.O.E.''') [[África Occidental Española]].
 
Desde que Marrocos obtivo a independencia en [[1956]] reclamou o territorio en varias ocasións. O [[23 de novembro]] de [[1957]] o [[Exército de Liberación Marroquí]] co apoio do goberno marroquí atacou Ifni, fíxose co control da maior parte do territorio quedando a administración española reducida a Sidi Ifni e os seus arredores que constituíu unha provincia española. O [[30 de xullo]] de [[1969]] Ifni pasou a soberanía marroquí.