Projecto Mourente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Jchapela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
'''Projecto Mourente''' é o nome do proxecto musical lanzado por '''Carlos Valcárcel''', músico afeccionado natural de [[Mourente]] ([[Pontevedra]]). En 2001, Valcárcel comeza a elaborar na súa casa cancións de pop electrónico en [[galego]]. En 2004, colabora coa [[A Factoría Teatro|Factoría Teatro]] compondo a música para a obra infantil ''Iesi cebola contra a doutora Rabia Rabiña'', de [[Xavier Picallo]]. En 2006, lánzase no selo [[A Regueifa Plataforma|A Regueifa]] unha compilación de temas baixo o título "Baixo os eucaliptos" e baixo licenza [[Creative Commons]]. Malia a súa precariedade técnica, o álbum logrou certa popularidade, sobre todo con cancións como "Comos os caranguejos" (remesturado por [[Fanny + Alexander]]) , "Que me enterrem na discoteca", "Mais heteros (que os heterossexuais)" e o propio "Baixo os eucaliptos". Nese mesmo ano, o proxecto compuxo unha das sintonías do programa radiofónico [[E-music]]. Durante 2007, e a pesar de que ese non era o seu obxectivo inicial, o Projecto Mourente realizou, xa coa incorporación de '''Yolanda Valcárcel''', diversas actuacións ao vivo grazas á colaboración de [[The Homens]]. As colaboracións tamén se estenderon ao dúo compostelán [[Fanny + Alexander]], a quen o Projecto Mourente mesturou dous temas publicados no álbum "Finais dos 70s, comezo dos 80s". No mesmo 2007, o Projecto Mourente participou no disco colectivo de artistas galegos [[Manifesto Dobarrista]] cunha versión de "Corpiño Xeitoso".
 
== Discografía ==
 
Ademáis das colaboracións anteriormete indicadas, Projecto Mourente publicou a compilación ''Baixo os eucaliptos'' que inclúe os seguintes temas:
 
*Só com falar
*Como os caranguejos
*Tanto amor
*Baixo os eucaliptos
*Sorrisos
*Que me enterren na discoteca
*Nom me impressionas
*Volve-te quere
*Máis heteros (que os os heterossexuais)
*Final de mês
*Lágrimas
 
 
==Ver tamén:==
===Ligazóns externas===
Liña 18 ⟶ 36:
 
[http://www.fotolog.com/projectomourente/ Fotolog de Projecto Mourente]
 
[http://www.aregueifa.net/projectomourente.htm Projecto Mourente na Regueifa Plataforma]
 
[[Categoría: Música electrónica]]