Encoro de Portodemouros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 14:
==A presa e o parque de transformación==
*A presa, de gravidade e planta recta, foi construída entre [[1964]] e [[1967]]. É de pedraplén, co interior de [[arxila]]. Mide 90 metros sobre o leito do río, cun volume de 2.350.000 m³ e unha lonxitude de coroación de 430 metros, máis unha ponte sobre o aliviadeiro de 30 metros.
*Conta cun aliviadeiro de superficie na beira esquerda de 130 metros, capaz de desaugar 1,500 m³/s., dotado dunha comporta de tipo vagón de 4 metros de luz por 8 metros de altura, que pode desembalsar 395m395 m³/s. para rebaixar a cota do encoro en prevision de fortes crecidas.
*A obra complétase cun desaugue de fondo en forma de túnel na marxe dereita, e unha bocatoma a media altura que alimenta dous grupos turboalternadores situados na central subterránea da marxe esquerda, cunha poténcia de 95.000 quilowats.
*O parque de intemperie que nun primeiro momento estaba concibido só para evacuar a corriente producida, foi máis tarde transformado nun nó de distribución con ligazóns con Santiago (66 kw en transformación a 220 kw), Melide (66 kw), Lalín (66 kw), [[Tivo, Caldas de Reis (Santa María), Caldas de Reis|Tivo]] e [[O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes|O Mesón do Vento]] (220 kw), ademais de estar conectado ao parque eólico do Carrio (220 kw). Na actualidade estase a construír a conexión co parque eólico de San Sebastián e coas centrais hidroeléctricas en obra río abaixo (66 kw).