Encoro de Portodemouros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
==Historia==
[[Imaxe:NOVO ENCORO.JPG|thumb|185px| Aliviadeiro sobre a nova presa augas abaixo de Portodemouros]]
Por Orde Ministerial do 10 de novembro de 1962, o Estado concédelle a '''Hidroeléctrica Moncabril, S.A.''' o aproveitamento integral da conca do río Ulla mediante a construción de oito encoros (Belmil, Portodemouros, Ledesma, Lamas, Fornelos, San Palo, Pereiro e Padrón), ocupando terreos nos concellos de [[Antas de Ulla]] e [[Palas de Rei]] na [[provincia de Lugo]], [[Arzúa]], [[Boqueixón]], [[Melide]], [[Padrón]], Santiso, [[Touro]], [[Teo]] e [[Vedra]] na [[Provincia da Coruña|da Coruña]], e Agolada, [[A Estrada]], [[Lalín]], [[Rodeiro]], [[Silleda]] e Vila de Cruces na [[provincia de Pontevedra]]. De todos eles só se tiña feito o de Portodemouros. Na actualidade estanse a facer dous máis entre Touro, Arzúa e Vila de Cruces. En outubro de 1971, por Orde Ministerial, esta concesión foi transferida a favor da sociedade '''Unión Eléctrica, S.A.''', e o 7 de xullo de 1979 a Dirección Xeral de Obras Hidráulicas aprobou a transferencia a favor de '''Fuerzas eléctricas deo Noroeste, S.A.''' (FENOSA), sendo na actualidade propiedade de [[Unión Fenosa]] despois da súa fusión.
 
Trescentos metros augas abaixo da actual presa atopábase a "Presa de Salgado", encoro de reducidas dimensións pero que abastecia de luz eléctrica á bisbarra. Esta obra foi destruída para facer efectivo o desaugue do actual encoro, pois coincide case co final da conca de amortiguación.
Liña 14:
*Conta cun aliviadeiro de superficie na beira esquerda de 130 metros, capaz de desaugar 1,500 m³/s., dotado dunha comporta de tipo vagón de 4 metros de luz por 8 metros de altura, capaz de desembalsar 395m³/s. para rebaixar a cota do encoro en prevision de fortes crecidas.
*A obra complétase cun desaugue de fondo en forma de túnel na beira dereita, e unha bocatoma a media altura que alimenta dous grupos turboalternadores situados na central subterránea emprazada na beira esquerda, cunha potencia de 95.000 KW.
*O parque de intemperie que nun primeiro momento estaba concebido só para evacuar a corrente producida foi máis tarde transformado nun nó de distribución con enlaces con Santiago (66 KW en transformación a 220 KEKW), Melide (66 KEKW), Lalín (66 KW), Tibo e Mesón do Vento (220KW), ademais de estar conectado ó parque eólico do Carrio (220 KW), construíndose na actualidade a conexión co parque eólico de San Sebastián e coas centrais hidroeléctricas que se están a construír río abiaxo de Portodemouros (66 KW).
*O conxunto hidroeléctrico púxose en funcionamento no 1968. En decembro de 2003, para aproveitar o caudal ecolóxico do Ulla, instalaron un novo equipo turboalternador de 11.230 MW, cun diámetro de rodete de 1.280 milímetros.
 
Liña 24:
*Tamén foi cambiado o perfil e o deseño da columna impermeabilizante en función dos materiais que saian da canteira.
*Foi moi curioso no seu momento que a prensa da época destacaba como importante o feito de que por riba da presa pasaría unha estrada. Non destacaban por exemplo o feito de que no seu momento era a cuarta máis alta de Europa no seu tipo.
*O encoro asolagou as servidumes entre as terras dunha e outra banda, e aínda que foi reposta a estrada de Vila de Cruces a Melide outros camiños non foron restablecidos. Co franquismo esmorrecendo os veciños reclamaron a sua reposición. En maio de 1975 por Orde Ministerial mandouse pór en funcionamento a barcaza que une as parroquias de [[Loño, Vila de Cruces|Loño]] (Vila de Cruces) e [[Beigondo, Santiso|Beigondo]] (Santiso).
*A Comunidade[[Unión Europea]], a traves do [[Plan Leader]], utilizou o encoro coma eixo vertebrador do desenvolvemento turistico da bisbarra, creando un club náutico no que se poden practicar varios deportes. Na actualidade as Deputacións de A Coruña e Pontevedra cos concellos colindantes están a instalar un catamarán turistico coma complemento.
 
== ligazons externas==