Filippo Brunelleschi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Meu rei (conversa | contribucións)
imaxe
Liña 1:
[[Imaxe:Firenze-cupolaBunelleschi.jpg|thumb|275px|Cúpula de Santa MariaEscultura de FioreBrunelleschi]]
'''Filippo Brunelleschi''' ([[1377]][[15 de abril]], [[1446]]) foi un grande arquitecto florentino do [[Renacemento]] [[Italia|italiano]].
 
Participou no concurso que se realizou en 1401 para elixir a segunda porta de bronce do baptisterio de [[Florencia]], realizando unha composición no relevo que demostraba unha preocupación polo transfondo humano da obra representada. Negouse a colaborar con [[Lorenzo Ghiberti]], os dous foran gañadores ex-aequo, na realización conxunta da porta e marchou cara [[Roma]] e co seu amigo [[Donatello]] entrou en contacto cos monumentos antigos que virou cara a arquitectura. De volta a Florencia realizou a súa primeira grande obra, a cúpula da [[catedral de Florencia]] o que lle supuxo a resolución de complexos problemas técnicos e se converteu nun símbolo da primacía da cidade e o seu entronque histórico coa[[ antiga Roma]]. No Hospicio florentino, obra de [[1419]], Brunelleschi domina xa as proporcións o que caracterizara a súa obra fronte a infinitude gótica. Na capella Pazzi acada un punto culminante no ritmo medido e contrastado dos elementos arquitectónicos resaltados en pedra gris sobre o muro branco. Brunelleschi foi o que estableceu os novos canóns clásicos de ritmos sereos, xeometría clara e simetría, nese novo canon vai ter unha importancia fundamental o seu descubrimento dos principios da perspectiva, isto é o modo de representar o espazo de tres dimensións sobre unha superficie plana dende un só punto de vista. Na súa arquitectura Brunelleschi vai aplicar a [[perspectiva]] como método para analizar o espazo e estes principios seguiron a utilizarse na arte occidental ata a chegada do [[cubismo]].
[[Categoría:Personalidades da arquitectura]]