Alvarellos Editora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «e súa»
 
Liña 3:
'''Alvarellos Editora''' é unha pequena empresa [[editorial]] galega fundada en [[Lugo]] na primavera de [[1977]]. Publicou arredor de 400 títulos <ref>[http://praza.gal/cultura/14933/as-editoriais-vivimos-nunha-resistencia-cultural-constante/ "As editoriais vivimos nunha resistencia cultural constante"], Praza, 8 de setembro de 2017</ref> e dende 2004 a súa sede está en [[Santiago de Compostela]].
==Historia==
O seu fundador, [[Enrique Alvarellos]], puxo en marcha esta empresa a partir da [[imprenta]] da súa propiedade aproveitando o rexurdimento das letras galegas que se producía co fin do [[franquismo]]. Naceu coa idea de lle dar a oportunidade de publicar aos escritores noveis e a súa primeira edición foi a novela ''Botei corenta anos'', da autoría do fundador. Na década de [[1990]] especializouse en edicións de luxo de [[facsímile]]s dos séculos [[século XVIII|XVIII]] e [[século XIX|XIX]].
 
Dende 2004 dirixe a editorial [[Henrique Alvarellos]], fillo de Enrique Alvarellos.
 
== Notas ==
{{Listaref}}