Igrexa de Santa María a Nova de Noia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «irmán maior»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «creía»
Liña 41:
O [[cemiterio]] da igrexa de Santa María a Nova rodea a igrexa, de modo que esta o divide en dúas áreas, norte e sur. Na parte norte atópase o Cristo do Humilladoiro [https://web.archive.org/web/20141113092838/http://www.museo.depo.es/coleccion/catalogo.castelao/ga.03110000.html?TCWMLsJePI], un [[cruceiro]] do século XVI, baixo un [[baldaquino]] <ref>En Galicia só hai constancia de dous baldaquinos exteriores protexendo un cruceiro, este de Noia e outro na Guarda. Existe un segundo baldaquino no cemiterio de Noia, pero é de factura moderna.</ref>. A cúpula do baldaquino, de forma piramidal, mostra dous relevos moi desgastados, un coas catro fases da [[lúa]] e outro cunha escena de [[cinexética|caza]] na que un animal ferido foxe dos cans. [[Castelao]] debuxouno na súa obra ''[[As cruces de pedra na Galiza]]'' [https://web.archive.org/web/20141113092838/http://www.museo.depo.es/coleccion/catalogo.castelao/ga.03110000.html?TCWMLsJePI].
 
Corre a [[lenda]] de que o cemiterio está feito coa terra que trouxeron desde [[Palestina]] os barcos noieses. Outra lenda conta a orixe do cruceiro e o seu baldaquino: isto eran dous irmáns que se separaron durante o transcurso dunha guerra en [[Xerusalén]]. O irmán máis vello, por máis que pescudou durante sete anos, non atopou o pequeno e, cando regresou a Noia mandou construír o cruceiro en memoria do desaparecido, ó que creíacría morto. Pero o certo é que o irmán máis novo caera preso e logrou escapar pero cando volveu, o outro xa morrera, e mandou construí-lo baldaquino sobre o cruceiro do irmán en memoria deste.
 
Fóra lendas, o certo é que no cemiterio da igrexa impartíase [[xustiza]] ata o ano [[1517]], data na que as autoridades eclesiásticas prohibiron este uso.