Asociación Regionalista Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
rimeira organización política rexionalista de Galicia, o nome en castelán, ata as Irmandades da Fala as organizacións rexionalistas tiñan nome en castelán
 
Rocastelo (conversa | contribucións)
m ano dos Xogos Florais de Tui
Liña 2:
En novembro de 1890 constituíuse en [[Santiago de Compostela]] o Comité Central Regionalista presidido por [[Manuel Murguía]], aínda que a maioría dos seus membros viñan do [[Carlismo|tradicionalismo]], entre eles destacaban [[Alfredo Brañas]], [[Salvador Cabeza de León]], [[José Tarrío]] e [[Barcia Caballero]]. En [[1891]] fórmanse comités locais, baixo o nome xa de Asociación Regionalista Gallega, en [[Lugo]], [[A Coruña]], [[Ourense]], [[Pontevedra]] e [[Tui]]. En total non chegou a moito máis de 50 asociados, aínda que nas eleccións municipais de Santiago, José Tarrío saíu elixido concelleiro.<br>
''La Patria Gallega'' (1891-1892) foi o seu órgano oficial, dirixido por Murguía, e no que Brañas escribiu artigos importantes para a evolución posterior do rexionalismo.<br>
Entre as actuacións da ARG, destaca a organización dos [[Xogos Florais de Tui]] en 1891, nos que Brañas e Murguía empregaron o [[galego]] por vez primeira nun acto público.<br>
As diferenzas entre tradicionalistas e liberais impediu a consolidación da organización, aínda que foi un chanzo moi importante na formación dun sentimento nacional galego, ao ser a primeira organización política rexionalista de [[Galicia]].