Sindicato de Oficios Varios de Sada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
Naceu no 1931 a partires do [[Centro Cultural Obrero]], fundado un ano antes cos fondos aportados polo emigrantes sadenses no [[EE.UU]]. Estaba inserido na [[CNT]]. No 1932 contaba cerca de 200 afiliados, a maioría mariñeiros, cifra que se duplicaría no 1936. O seu presidente sería o faísta [[José Monzo|José Monzo Ríos]], e o seu secretario [[Juan Antonio Suárez Picallo]]. Desenvolveu unha intensa laboura durante todo o período republicano, levando a cabo importantes folgas e diversas accións, encamiñadas á dignificación da clase obreira e ao seu enriquecemento cultural. Destacou a súa pugna co café La Terraza, boicoteado en sucesivas ocasión, e coa compañía de tranvías, xa que ambos impedía a sindicación dos seus empregados. Estivo integrado na [[Federación Comarcal de Sindicatos de Betanzos e Sada]] e, a partires do 1936, na [[Federación Comarcal de Sindicatos de Sada]]. Foi representado no pleno da [[CRG]] do 1933 en Santiago de Compostela e no da [[CNT]] do 1936 en [[Zaragoza]] por [[José Monzo]]. Outros membros serían, a parte de José Monzo Ríos e Juan Antonio Suárez Picallo, Francisco Guitián, Manuel Prego Chas, [[José Cadaveira Guimarey]], [[José Neira Torrado]], etc.
 
 
Liña 9:
 
-Prensa da época: [[Solidaridad Obrera]], [[Solidaridad]], [[Brazo y Cerebro]], etc.
 
-Arquivo do Reino de Galicia - Fondo do Gobirno Civil - Rexistro de Asociacións