Castro Laboreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Castro Leboreiro é unha freguesía portuguesa do concello de Melgaço situado entre a Serra do Leboreiro, a Serra da Peneda e a Serra de Queguas; a unha altura med...
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
Castro Leboreiro é unha [[freguesía]] portuguesa do concello de [[Melgaço]] situado entre a [[Serra do Leboreiro]], a [[Serra da Peneda]] e a [[Serra de Queguas]]; a unha altura media duns 1000m de altitude. A pesar de ser a freguesía máis extensa de Melgaço, con 89,29 km², só ten unha poboación duns 726 habitantes segundo o censo do 2001, quedando deste xeito con unha densidade de poboación moi baixa, arredor dos 8,1 h/km².
 
Foi vila e sede de concello entre [[1271]] e [[1855]]. Era constituído soamente pola freguesia da sede e tiña, en [[1801]], 1 284 habitantes e, en [[1849]], 1 512 habitantes.
A freguesía atópase dentro do parque natural da Peneda-Gerês, nun enclave illado, rodeado por serras que acadan os 1340m. de altitude no Gestoso, preto deste cumio nace o río Castro Laboreiro ou Barcia que forma un val longo arredor do cal se distribúen os núcleos de poboación, e que serve de fronteira durante un longo tramo duns 15 km. con [[Galiza]] ata desembocar no encoro de Lindoso.