Adak: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.2
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Segunda Guerra Mundial»
Liña 45:
Durante a [[segunda guerra mundial]], o exército imperial xaponés tomou o control de dúas das illas Aleutianas máis occidentais, [[Illa Attu]] e [[Illa Kiska|Kiska]]. Os xaponeses tamén atacaron a base estadounidense de [[Dutch Harbor]] por aire. A campaña xaponesa coincidiu coa máis coñecida [[Batalla de Midway]]. En resposta, as forzas armadas dos Estados Unidos comezaron unha campaña para expulsar aos invasores. Dado que a presenza militar estadounidense máis próxima estaba en [[Cold Bay, Alasca]], os Estados Unidos comezaron a construír bases nas illas Aleutianas occidentais para lanzar operacións contra os xaponeses. A illa Adak elixiuse como base dun campo de aviación, e as operacións de voo comezaron en setembro de 1942. O 11 de maio de 1943, catro días logo da data inicial da invasión que foi atrasada polo mal tempo, os soldados americanos desembarcaron na Illa Attu e derrotaron á guarnición xaponesa alí, morreron 2.300 xaponeses e 550 estadounidenses. Esperando unha batalla similar na illa Kiska, os soldados dos EEUU que desembarcaron alí o 15 de agosto de 1943, atoparon que os ocupantes foran evacuados silenciosamente polas forzas navais xaponesas a finais de maio de 1943.<ref>[http://www.combinedfleet.com/Kiska.htm Combinedefleet.com]</ref> Aínda así, máis de 313 soldados estadounidenses morreron por mor do lume amigo, minas e outros dispositivos antipersoas durante as operacións dos Estados Unidos na reconquista de Kiska. En 1953, os restos de 236 mortos xaponeses que foran enterrados no cemiterio de Adak enterráronse novamente no cemiterio nacional de Chidorigafuchi no Xapón.
 
Despois de terminar a guerra, os aproximadamente 6.000 militares americanos que serviron en Adak durante a Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial lembraban o clima frío, brumoso e ventoso de Adak; barro, [[Quonset hut|barracóns prefabricados]], poucas mulleres, falta de árbores e un volcán que de cando en vez emitía fumes. A comida fresca era unha rareza.
[[Ficheiro:Adak Island, Lupines at Finger Bay Creek.jpg|miniatura|esquerda|Illa Adak, [[Lupinus]] en Finger Bay Creek. Crédito: [[US Fish and Wildlife Service]]]]