Castro Laboreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Castro Leboreiro é unha freguesía portuguesa do concello de Melgaço situado entre a Serra do Leboreiro, a Serra da Peneda e a Serra de Queguas; a unha altura med...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de decembro de 2007 ás 23:03

Castro Leboreiro é unha freguesía portuguesa do concello de Melgaço situado entre a Serra do Leboreiro, a Serra da Peneda e a Serra de Queguas; a unha altura media duns 1000m de altitude. A pesar de ser a freguesía máis extensa de Melgaço, con 89,29 km², só ten unha poboación duns 726 habitantes segundo o censo do 2001, quedando deste xeito con unha densidade de poboación moi baixa, arredor dos 8,1 h/km². Foi vila e sede de concello entre 1271 e 1855. Era constituído soamente pola freguesia da sede e tiña, en 1801, 1 284 habitantes e, en 1849, 1 512 habitantes. A freguesía atópase dentro do parque natural da Peneda-Gerês, nun enclave illado, rodeado por serras que acadan os 1340m. de altitude no Gestoso, preto deste cumio nace o río Castro Laboreiro ou Barcia que forma un val longo arredor do cal se distribúen os núcleos de poboación, e que serve de fronteira durante un longo tramo duns 15 km. con Galiza ata desembocar no encoro de Lindoso.

Patrimonio

Festas e romarias

  • Señora da Visitação e S. Bento (13 de Julho)
  • Señora dos Remédios (Agosto)

Santa Isabel-Senhora da Visitação (Vila) 1.ª Domingo de Xullo.