Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Segunda Guerra Mundial»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «mais votado»
Liña 25:
Para investigar a este grupo, o servizo de intelixencia do exército alemán enviou a [[Adolf Hitler|Hitler]], un xove cabo, a monitorear as actividades deste partido. Impresionado polo que viu, ingresou como membro nº 55, aínda que Hitler despois declarou ser o "Membro do Partido número 7", para facer crer que el fora un dos fundadores. El en realidade foi o 7º membro do comité central e Responsable de Propaganda. Durante a súa xestión, iniciouse a contabilidade dos membros do partido, iniciándose a conta no número 500 para dar idea de gran cantidade, polo cal quedou asignado o 555 a Hitler. Logo de ser proscrito polo fracasado [[Putsch de Múnic]] en [[1923]], o partido foi refundado co nome de Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (NSDAP, nas súas siglas alemás) o [[25 de febreiro]] de [[1924]], obtendo Hitler a xefatura do partido.
 
Despois de que o seu intento de golpe de estado fracasara en [[Baviera]], os Nazis competiron nas eleccións restantes nos anos vinte. Nas eleccións da década de 1930, impulsados polos problemas económicos de [[Alemaña]] na incipiente [[Gran Depresión]], incrementaron os seus votos dramaticamente, converténdose no segundo partido máis grande no [[Reichstag]]. Isto mellorou a súa posición nos anos vindeiros e, a pesar dunha pequena proscripción da [[SA]] (Sturmabteilung, Seccións de Asalto, o exército privado do partido) en [[1932]], nas eleccións do mesmo ano o partido alcanzou un total de 13.57 millóns de votos e converteuse no bloque maismáis votado no [[Reichstag]]. En vista que os nazis gañaran 22 procesos electorais e eran maioría no Congreso, Hitler foi nomeado Chanceler polo presidente [[Hindenburg]] o 30 de xaneiro de 1933, e nunhas eleccións nacionais, os nazis e os seus aliados nacionalistas alcanzaron a maioría, a cal usaron para aprobar un Acto Permisorio para poñer o poder absoluto nas mans de Hitler. Despois da proscripción ou cancelación de tódolos outros partidos (5 de xullo de 1933) e a prohibición de formar novos (14 de xullo de 1933), os nacionalsocialistas convértense no único partido político restante. Isto era parte do Gleichschaltung (literalmente "sincronización", termo usado nun sentido político para describir o proceso mediante o cal o réxime nazi estableceu sucesivamente un sistema de control totalitario sobre o individuo).
 
Nomearon ás [[SA]] como brazo político do Réxime e á [[SS]] como un organismo auxiliar da Policía, ademais de fundar a Policía Secreta do Estado, en alemán: Geheime Staats Polizei, cuxas siglas, [[GESTAPO]], foron o terror de [[Europa]].