Sunny Day Real Estate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.9
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «trio»
Liña 25:
Fixeron algúns concertos usando o nome Empty Set, pero despois de saber da existencia doutra banda co mesmo nome pensaron noutros (Chewbacca Kaboom, One Day I Stopped Breathing) ata que se decidiron por Sunny Day Real Estate. Pero Sunny Day Real Estate aínda usou o nome One Day I Stopped Breathing para o seu selo independente, onde lanzaron o sinxelo "Flatland Spider".
 
Despois diso a outra banda de [[Nate Mendel]] (Christ On A Crutch) foi facer unha xira por [[Europa]]. Mentres tanto Hoerner (que tocou o [[baixo]] durante a ausencia de Mendel) chamou un amigo, Jeremy Enigk (vocalista e guitarrista) que pasou a tocar con eles. O triotrío cambiou o nome da banda para Thief, Steal Me A Peach. Co retorno de Mendel, os catro decidiron continuar xuntos e mudaron novamente o nome para Sunny Day Real Estate. A banda compuxo varios temas novos e lanzaron o seu segundo sinxelo, chamado ''Thief, Steal Me A Peach''.
 
O segundo sinxelo chamou a atención da [[Sub Pop]], que lles ofreceu un contrato. Inmediatamente, a banda entrou no estudio para gravar o seu primeiro álbum. O resultado foi ''Diary'', de [[1994]], eloxiadísimo pola crítica local. A banda saíu de xira e de inmediato conquistou unha devota lexión de fans. A xira foi máis estresante do que a banda agardaba, e as tensións eran altas ao final da mesma. Enigk converteuse ao cristianismo ao final da xira, e este feito, unido ao clima tenso existente, fixeron que a banda se separara.
Liña 39:
Dous anos despois do fin da banda, a [[Sub Pop]] ofreceu aos integrantes o proxecto dun recompilatorio de rarezas. Como non había moito material dispoñible, a [[Sub Pop]] pedíulles que escribisen cancións novas para encher o disco. O proceso de gravacións correu tan ben que decidiron reunirse e lanzar un álbum totalmente novo. Mendel porén decidiu permanecer en [[Foo Fighters]] e [[Jeff Palmer]] converteuse no baixista para o terceiro álbum da banda, ''How It Feels to Be Something On''. O disco amosaba unha banda máis madura e foi bastante eloxiado. En pouco tempo a banda converteuse na máis vendida do catálogo da [[Sub Pop]], chegando ás 80.000 copias (un número excelente para os patróns do momento da [[Sub Pop]]). Despois da xira de divulgación do álbum, Palmer foi substituído por [[Joe Skyward]].
 
Descontenta co contrato coa [[Sub Pop]], a banda gravou un álbum en directo, sinxelamente titulado ''Live'' para cumprir o acordo coa discográfica. Despois diso a banda asinou un novo contrato coa Time Bomb Recordings, e como un triotrío (Skyward participou só na xira), lanzou ''The Rising Tide'' en [[2000]].
 
O tempo pasou e a banda foi morrendo aos poucos. En [[2002]], [[Jeremy Enigk]], [[William Goldsmith]] e [[Nate Mendel]] (este último aínda toca en [[Foo Fighters]]) xuntáronse novamente e formaron unha nova banda, [[The Fire Theft]], cun primeiro disco, autotitulado, que foi lanzado en [[2003]].