Solidaridad Obrera (Barcelona): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traduzo
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{outrosusos|Solidaridad Obrera}}
{{entradución}}
'''Solidaridad Obrera''' é un periódico e órgano de expresión da ''Confederación Rexional do Traballo de Catalunya i Balears''
do sindicato [[anarquista]] [[CNT]] e portavoz dese sindicato en [[España]].
Liña 23 ⟶ 22:
Durante a [[guerra civil española|guerra civil]] o periódico chegou a editar 220.000 exemplares, o que o convertiu no periódico de maior tiraxe de España. Dirixíronno nese difícil periodo [[Liberto Callejas]], [[Jacinto Toryho]] e [[José Viadiu]]. Logo sería prohibido pola dictadura [[Francisco Franco|franquista]]. Ata a súa prohibición pasaron pola súa redacción moitos militantes de prestixio como Peiró, [[Francisco Ascaso]], Viñas, Castellà, ou Marianet.
 
No periodo de prohibición debido á dictadura reapareceu varias veces clandestinamente. En 1943 e 1944 editouse cunha multicopista. Desde 1945 ata 1947 edítase mensualmente e logo esporadicamente nos anos 1949, 1953 ata 1957, 1958, 1963, 1965, 1966, 1970, 1971 e 1973. Finalizada a dictadura reaparece eno 1 de maio de 1976 cunha periodicidade semanal (aínda que algunhas veces foi mensual) como portavoz da CNT de Cataluña con antibaixos na súa calidade. Colaboraron neste periodo de Aisa, Carballo, [[Adolfo Castaños]], Castellas, Correas, García Cano, [[Federica Montseny]], [[Arturo Parera]], Piqueras, Rella, ou Sentís.
 
En 2005, baixo a dirección de Jordi Exposito, faise gratuíto, financiándose co apoio económico da militancia, subscriptores, persoas que simpatizan co periódico e as aportacións dos sindicatos que conforman a federación. En 2007 é xunto co [[CNT (periódico)|periódico CNT]] o órgano portavoz da CNT-AIT de España e o de expresión da CNT de Catalunya i Balears. A súa tiraxe establécese en 5.000 exemplares e ten unha edición online en internet.