Diferenzas entre revisións de «Historia de Ourense»

sen resumo de edición
(Quito "enuso" caducado e arranxo categoría)
{{enuso}}
'''Ourense''' sitúase no val do [[río Miño]], lugar onde, nos primeiros séculos da nosa era, os romanos descubriron grandes cantidades de ouro, o que sería indispensable para fundar a nova ''Auriense''.
[[Imaxe:Puente romano.jpg|thumb|300px|right|Ponte romana de Ourense]]
 
Baixo Pedro I, a cidade viuse envolta en loitas fraticidas co futuro Enrique II pola coroa, alentado o primeiro por don Afonso. O Castelo Ramiro é tomado polos homes do concello e do Adiantado de Galicia. Só en [[1382]], Xoan I devólvelle o castelo ao bispo don Pascual García. En [[1385]] entra en Galicia o Duque de Lancáster, pretendente da Coroa de Castela e aliado de Xoan I de Portugal. Na cidade os seus "secuaces" causan enormes estropicios que poñen en evidencia a vulnerabilidade da cidade. Estes defectos fan que o bispo Pascual levante un muro de protección. Dende a finalización da construcción, a cidade queda cercada por un "vergonzante" muro. A murralla estaba formada polas partes traseiras das casas e as partes máis pequenas eran fehadas por tapias. A murrala contaba con 13 portas. Esta edificación sera un dos elementos de protección da cidade xunto coas fortalezas da catedral e os Pazos do Bispo. Durante o [[século XV]] prolongase a inestabilidade coas tensións entre concello e bispo e algunhas nobrezas "levantísticas".
 
==O século XVI==
 
Tras a forte caída de poboación no [[século XV]] (de 3000 habitantes ao principio do XV a 1800 de finais), Ourense experimenta no [[século XVI|XVI]] un importante aumento de poboación e un notable aumento da actividade comercial, especialmente no campo do viño e do artesanado, como consecuencia da paz imposta polos [[Reis Católicos]]
 
En [[1597]] a cidade acada a cota máis alta de poboación na época do Antigo Réxime, 2950 veciños. A cidade xa levaba tempo configurada no seu entramado urbán, limitada pola súa muralla e polas súas portas. Dende a invasión da cidade por parte do Duque de Láncaster e as suseguintes loitas do XV, quedan varias casas en ruinas, pero como dicía Ferro Couselo <blockquote>"Soplan vientos de prosperidad y se despierta una fuerte fiebre constructiva."</blockquote> A cidade comeza a porse a frote, levántanse casas e edificios relixiosos, e o concello dota a cidade de edificios auxiliares e de servizos. O clero levanta o fermoso cimborrio da catedral; a sacristía con bóveda estrelada e as Capelas do Cristo e a das Neves, e por outra banda, as bóvedas e arcos do Pórtico do Paraíso da entrada principal. Desta época son tamén a ermida dos Remedios, situada á beira da ponte romana, a torre do reloxo da Catedral e o Convento de San Francisco. A nobreza edifica o pazo dos Ocas, o que hoxe é coñecido como "O Liceo de Ourense", na rúa Lamas Carvajal. É nesta época cando o Concello dota a cidade da súa primeira casa consistorial na Praza Maior.
 
[[Categoría:Historia das cidades e concellos de Galicia|Ourense]]
683

edicións