Wikipedia:Non sabote a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
coloco etiqueta en uso
Liña 26:
 
===Non querer chegar a acordos===
Ás veces, algúns editores eternizan desputas retomando os mesmos argumentos tempo despois de que fosen desacreditados, reitéranos sen fin, rexeitan completamente as propostas dos demais ou a posibilidade de estaren errados. A miúdo estes editores, que actúan de mala fe, utilizan precisamente estes debates inconclusos para apoiaren outras discusións semellantes noutros puntos da wikipedia.
 
A wikipedia baséase no traballo en colaboración, na boa fe e no consenso. Cando unha argumentación cruza o limiar do razonable, e parece claro que hai un rexeitamento claro a atopar un acordo a pesar do que marcan as normas e de que se presentaron abondas opinións experimentadas de editores e administradores independentes, proseguir o debate sexa como for é un modelo de práctica que sabotea a wikipedia co fin de que un punto de vista sexa apoiado.
 
===Enganar===