Anatolia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Primeira Guerra Mundial»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «e India»
Liña 33:
Os turcos [[Imperio Selxúcida|selxúcidas]] xa tiñan o dominio da Anatolia no [[século X]], e o mantiveron mesmo despois das invasións [[Mongolia|mongólicas]] nos países ao seu redor e ao asedio de [[Tamerlán]] no [[século XIV]]. Nese período, unha tribo turca, os [[Imperio Otomán|otománs]], conquistaron certa independencia na rexión noroeste da Anatolia, rapidamente tomando as últimas cidades gregas restantes do Imperio Bizantino. O poderio otomán expandiríase tamén polo leste, conquistando a alianza das outras tribos selxúcidas e unificando os turcos baixo o [[Imperio Otomán]]. Este imperio coexistiría por algún tempo cun poder menor no nordeste da Anatolia, o [[Imperio de Trebisonda]]. A partir da Anatolia, os turcos chegaron á península de [[Gallípoli]], e de aló iniciaron a conquista do que restara do Imperio Bizantino, e posteriormente dun vasto territorio no leste de Europa.
 
A presenza turca [[islamismo|musulmá]] en Anatolia e o control de Constantinopla desencoraxou o comercio das nacións cristás de Europa concoa [[China]] e a [[India]]. Isto incentivou a tentativa de estabelecimento de rotas alternativas ao redor da [[África]], e ata mesmo rutas descoñecidas cara o oeste, polo [[Océano Atlántico]], para alcanzar aquelas nacións, fontes de [[especia]]s, experiencias que culminarian co descubrimento de [[América]] en [[1492]].
 
Aínda que o seu territorio se teña expandido e retraído notabelmente ao longo dos séculos, os turcos otománs mantiveron un control permanente sobre Anatolia ata a súa disolución, ao final da [[primeira guerra mundial]]. As diversas provincias otomás declararanse independentes, entre elas [[Turquía]], que pasou a ser a nación dominante da rexión.