José Monzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 630966 de 193.144.48.15 (disc.)
Liña 5:
 
==Carreira sindical==
En novembro do [[1930]] fundou o primeiro sindicato sadense, o Centro Obrero de Cultura, inserido na [[CNT]] e que daría lugar máis tarde ao Sindicato de Oficios Varios, do que sería presidente, ó carón de [[Xoán Antón Suárez Picallo]], secretario. Coa proclamación da República, en [[1931]], crea o grupo anarquista ''Luz'', que se adheriría á [[Federación Anarquista Ibérica]], sendo substituído no [[1935]] polo grupo ''Nueva Vida'', tamén integrado na FAI. De feito José Monzo pertenceu á sección radical do movemento libertario. Constancia diso deixóunola ao participar no congreso de sindicatos do [[12 de febreiro]] do [[1933]] en [[Santiago de Compostela]], que daría lugar á saída da Confederación Regional Galaica dos militantes moderados, entre eles o dirixente José Villaverde, sendo Monzo un dos asinantes do manifesto que sentaba as bases do que tiña que ser a Revolución libertaria na Galiza.

Na memoria das xentes queda constancia de que foi sempre un home pacífico, contrario á guerra, que mesmo rexeitou participar na [[Guerra Civil Española]], aínda consciente de que igualmente tal decisión lle ía custar, antes ou despois, a vida. Dedicouse tamén á [[oratoria]], destacando, aparte dos mitins que pronunciou en Sada, aquel que, xunto a outros representantes do movemento libertario galego, ofrecera na praza de touros da [[A Coruña|Coruña]] co gallo das primeiras sospeitas do alzamento.
 
==A Guerra Civil e a represión==