Manuel Ruiz Zorrilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Amadeo I de España»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 8:
Nesa época comezou a súa amizade con [[Práxedes Mateo Sagasta]]. Destacou na [[Sublevación do cuartel de San Gil]] ([[1866]]), polo que foi [[Pena de morte|condenado a morte]] e tivo que fuxir de España. Dende o exilio dirixiu conspiracións para derrocar a [[Isabel II de España|Isabel II]]. Triunfante a [[Revolución de 1868]], como un dos líderes do Partido Progresista sostivo que os progresistas debían asumir o programa democrático.
 
Encargouse da [[Ministerio de Fomento de España|carteira de Fomento]] no goberno provisional de [[Francisco Serrano Domínguez|Francisco Serrano]], estableceu a liberdade de ensinanza e decretou o traspaso de materiais de bibliotecas e arquivos relixiosos ao [[Estado]] e introduciu reformas na ensinanza universitaria. Formou parte do goberno de [[Joan Prim i Prats|Prim]] como [[Ministerio de Xustiza de España|Ministro de Xustiza]] ([[1869]]), onde comezou a reforma lexislativa para adaptarse á nova [[Constitución española de 1869|Constitución]], á morte de Prim converteuse no líder do Partido Progresista. Foi designado Presidente das Cortes Constituíntes e proclamou a [[AmadeoAmadeu I de España|AmadeoAmadeu de Savoia]] como rei de España. Durante o reinado deste, presidiu o Goberno en dúas ocasións, entre o [[24 de xullo]] e o [[4 de outubro]] de [[1871]] e do [[13 de xuño]] de [[1872]] e o [[10 de febreiro]] de [[1873]], entre outras medidas aboliu a escravitude en [[Porto Rico]] e creou o Banco Hipotecario. En febreiro de 1873 AmadeoAmadeu renunciou á Coroa de España e Ruiz Zorrilla retirouse da política. Cando abdicou o monarca, acompañouno ao exilio. Estableceuse en [[Baiona, Francia|Baiona]] (Francia) e logo en [[París]].
 
O [[25 de agosto]] de [[1876]] publicou un manifesto pedindo a restauración da República baixo a [[Constitución española de 1869|Constitución de 1869]] reformada en sentido republicano, e desde a capital francesa dedicouse a conspirar contra o goberno español, en maio de [[1877]] produciuse a primeira tentativa armada de derrocar a monarquía española que fracasou, Zorrilla pasou unha temporada en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] e en [[1878]] volve de novo a París ata que é expulsado polas autoridades francesas, estableceuse en [[Londres]] tras outro intento frustrado xunto a Serrado para restaurar a república. En [[1880]] tras un intento frustrado por unir ás correntes republicanas e xa de novo en París organiza a [[Asociación Republicana Militar]], organización secreta formada por militares españois co fin de organizar un pronunciamento militar, o último o de [[1886]] encabezado en España por [[Manuel Villacampa del Castillo|Villacampa]] foi de novo un fracaso, e Zorrilla que se dirixira os [[Pireneos]] tivo que volver a París, despois instalouse en [[Bruxelas]] e [[Londres]] e despois de novo en París.