Diferenzas entre revisións de «Sabino Arana Goiri»

m
m (Cambiando Image -> Imaxe)
Sabino Arana, político vasco, considerado pai do [[nacionalismo vasco]]. Naceu o [[26 de xaneiro]] de [[1865]] en [[Bilbao]], [[Biscaia]], ([[País Vasco]]) e morreu en [[Sukarrieta]], [[Biscaia]], o [[25 de novembro]] de [[1903]]).
 
Procedente dunha familia [[carlismo|carlista]] da ''república'' ([[anteiglesia]]) de Abando (actualmente integrada en Bilbao), Sabino iniciou a súa educación en [[Baiona - Bayonne| Baiona]], capital de [[Laburdi]], no [[Iparralde]], onde se exiliaran en [[1873]] por mor das ideas carlistas do seu pai.
 
Despois pasou polo colexio dos [[xesuíta]]s en Orduña e completou a súa formación estudando filoloxía [[idioma vasco|vasca]] durante unha larga doenza. Interrompeu os seus estudos de [[Dereito]] na [[Universidade de Barcelona]] ó morrer a súa nai, en [[1888]]. Dende entón, illado na súa casa de [[Albia]], dedicouse á investigación [[Historia|histórica]] e [[Filoloxía|filolóxica]].
 
Elaborou moreas de artigos (a maioría sobre temas lingüísticos) que, en [[1892]], recompilou baixo o título ''Biscaia pola súa independencia'' (sic); en [[1893]] presentounos ante uns cantos adeptos nun acto que representa o arranque da súa actividade política (o chamado «[[xuramento de Larrazábal]]»).
 
== Ideoloxía ==
419

edicións