Algas vermellas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
*doceacuícolas http://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/uip/arquivo/numero_183.html
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «as veces»
 
Liña 12:
A división ou filo '''Rhodophyta''' integra o que coñecemos vulgarmente coma algas vermellas. Probabelmente constitúen un dos grupos de algas eucariotas máis antigos. Semella que teñen moitas características comúns coa división [[Glaucophyta]]. Son un grupo homoxéneo, xa que só contén unha clase sistemática, [[Rhodophyceae]], e que conta con aproximadamente unhas 5.000 especies de auga mariña na súa meirande parte. As especies dulceacuícolas adoitan atoparse en ambientes lóticos. A maioría das rodofíceas son pluricelulares, e só coñecemos uns once xéneros unicelulares.
 
Os principais pigmentos fotosintéticos son a [[clorofila a|clorofila ''a'']] e [[clorofila d|''d'']], e asás veces incluso poden presentar [[clorofila e|clorofila ''e'']]. O [[pigmento]] [[carotenoide]] por excelencia é a [[zeaxantina]]. Mais os pigmentos característicos deste grupo botánico constitúeno as chamadas [[ficobiliproteínas]], que forma parte dos ficobilisomas. Como substancia de reerva empregan o [[floridósido]], e a longo prazo acábano por transformar nunha substancia amilácea chamada [[amidón de florídeas]].
 
Neste grupo atópanse a maioría das algas que secretan [[carbonato de calcio]] e cumpren un rol maior na formación dos arrecifes de coral. Algunhas algas vermellas, por exemplo a [[dulse]] ou o [[nori]], son empregadas como alimento e para producir [[ágar-ágar|agar]], [[carraxenano]]s e outros aditivos alimenticios.