Diferenzas entre revisións de «Bernat Soria»

m
corrixo ligazóns de homónimos
m (Category->Categoría)
m (corrixo ligazóns de homónimos)
'''Bernat Soria Escoms''' é un biofísico e político [[España|español]] nacido en [[Carlet]], [[Valencia - València|Valencia]], en [[1951]].
 
Doutor en medicina pola [[Universidade de Valencia]], foi Coordinador da área de Fisioloxía (3B) da [[Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva]] (ANEP), catedrático da [[fisioloxía]] da [[Universidade Miguel Hernández]] de [[Elxe]] e director do seu instituto de [[bioenxeñería]] entre 1997 e 2005. Actualmente é o coordinador da [[Rede Europea de Células Nai Embrionarias]], ademais de catedrático de Fisioloxía da [[Universidade Pablo de Olavide]] e director do [[Centro Andaluz de Biología Molecular y Medicina Regenerativa]] (CABIMER) de [[Sevilla]], e está considerado como un dos principais expertos mundiais na investigación con [[células nai]]. En [[2005]] recibiu o [[Premio Galien]] ao Mellor Labor Investigador.
68.670

edicións