Centro Gallego de Buenos Aires: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo gralla
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 7:
Ao falecer [[Pascual Veiga]], o autor da melodía ''Alborada galega'', realizouse un acto na súa memoria o 31 de outubro de 1906, no antigo Teatro Vitoria. Por mor dese acontecemento, o xornalista [[José Ramón Lence]] publicou no ''Diario Español'' un artigo que «enfervorizou e mobilizou á colectividade galega, xurdindo neste clima a iniciativa de fundar o Centro Gallego, feito que se concretou o 2 de maio de 1907», e por iso alguén dixo que «… o Centro Gallego naceu dunha canción».
 
Foi así que oO 2 de maio de 1907 reuníronse representantes de varias asociacións galegas e o xornalista Lence, na rúa Alsina 946, casa do Presidentepresidente do Centro Vigués, don [[Antonio Varela Gómez]], asinando a Actaacta de Fundaciónfundación na cal se establecía que a mesma respondía oao obxectivo de «… encher as necesidades de que completamente carece a nosa colectividade».
 
No mes de xuño de [[1907]], e con ao redor de 200 socios, o Centro trasladouse a un local alugado da rúa Estados Unidos 1056, onde tiveron lugar as primeiras clases nocturnas de alfabetización. [[ Antonio Varela Gómez]] presidiu a Comisión Organizadora ata a redacción do primeiro Estatuto, o día 21 de xullo, cando foi elixido presidente [[Roque Ferreiro]].
 
O 1 de outubro de 1907 comezou a editarse co nome de ''Rexión Galaica'', a primeira publicación realizada pola Institución, que correspondía a un folleto publicado do 5 ao 20 de cada mes. En xaneiro de 1909 o Centro mudouse á rúa Perú 689, lugar no que se instalou un pequeno servizo de curacións que funcionaba baixo o control do Dr. [[Pablo Rubido]], profesional que atendía de maneira gratuíta aos asociados no seu consultorio particular, mentres que as curacións estaban a cargo dun enfermeiro rentado. Dous anos máis tarde foron aprobados os Estatutos que integraron á Institución no Mutualismo.