Centro Gallego de Buenos Aires: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo gralla
Liña 19:
A afluencia de socios continuou e obrigou a adquirir un edificio acorde coas novas necesidades, o que trouxo como consecuencia que no ano 1917, e mercé a unha subscrición popular, fóra adquirido o inmoble de Belgrano 2189, lugar no cal está emprazado actualmente. O mesmo foi comprado en 65.000 pesos, aínda que eran necesarios 41.000 pesos máis para a reedificación, motivo polo cal os integrantes de cada unha das comisións postulantes, vagaron de porta en porta, ata conseguir reunir os fondos. A obra comezou en 1918, inaugurándose o 2 de maio de 1920.
 
Anos máis tarde fíxose un chamamento á cooperación social, que deu como resultado un grande aumento no ingreso de socios, e novamente unaunha das primeiras decisións da Xunta Directiva, foi a construción do edificio anexo ao local de Belgrano 2171, facéndose cargo o propio presidente, [[Alfredo Álvarez]], da dirección técnica e da compra de materiais a prezo de almacenistas. En 1923 foi a inauguración, sumando ás salas de clínica e cirurxía, 30 dormitorios cuxo mobiliario foi doado por significativas personalidades.
 
Entre 1923 e 1926 adquiríronse seis propiedades contiguas ao edificio social, por Belgrano, Pasco e Moreno. Emitíronse «obrigacións de 50 pesos cada unha sen interese, a cobrarse en cotas de 5 pesos mensuais e co compromiso, por parte do Centro, de reintegralas en cotas anuais, non menores do 10%». Como resultado desa subscrición a maioría dos contribuíntes doaron o importe en efectivo.
 
En 1929 comprouse o inmoble de Belgrano 2159. En 1931 convocouse aun concurso de anteproxectos para a construción da primeira parte do Edificio Social nos terreos de Belgrano e Pasco, e elixiuse como gañadora a proposta dos arquitectos Calvo, Jacobs e Giménez. Para a cerimonia, na que se colocou a pedra fundamental, foi traída terra das catro provincias galegas.
 
A inauguración foi o 2 de maio de [[1936]]. En 1938 adquiríronse dúas propiedades en Pasco 362 e 368, para a prosecución das obras. En 1940 iniciouse a construción da segunda etapa, en Belgrano e Pasco, que foi inaugurada en 1941.
Liña 31:
* ''Centro Gallego de Buenos Aires'', artigo na [[Enciclopedia Galega Universal]].
* ''Centro Gallego de Buenos Aires'', artigo na [[Gran Enciclopedia Galega]].
 
=== Outros artigos ===
 
* [[Galicia (Buenos Aires)]]
* [[Ediciones Galicia]]
 
=== Ligazóns externas ===
 
* [http://www.centrogallegoba.com.ar/ Centro Gallego de Buenos Aires] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160422122647/http://www.centrogallegoba.com.ar/ |date=22 de abril de 2016 }} {{es}}
 
{{Medalla de Ouro de Galicia}}
 
{{Control de autoridades}}