Centro Gallego de Buenos Aires: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Etiqueta: Hiperligações de desambiguação
Xas (conversa | contribucións)
m elimino homónimos
Liña 5:
 
= Historia =
Ao falecer [[Pascual Veiga]], o autor da melodía ''Alborada galega'', realizouse un acto na súa memoria o 31 de outubro de 1906, no antigo Teatro Vitoria. Por mor dese acontecemento, o xornalista [[José R.Ramón Lence]] publicou no ''Diario Español'' un artigo que «enfervorizou e mobilizou á colectividade galega, xurdindo neste clima a iniciativa de fundar o Centro Gallego, feito que se concretou o 2 de maio de 1907», e por iso alguén dixo que «… o Centro Gallego naceu dunha canción».
 
Foi así que o 2 de maio de 1907 reuníronse representantes de varias asociacións galegas e o xornalista Lence, na rúa Alsina 946, casa do Presidente do Centro Vigués, don Antonio Varela Gómez, asinando a Acta de Fundación na cal se establecía que a mesma respondía o obxectivo de «… encher as necesidades de que completamente carece a nosa colectividade».
Liña 13:
O 1 de outubro de 1907 comezou a editarse co nome de ''Rexión Galaica'', a primeira publicación realizada pola Institución, que correspondía a un folleto publicado do 5 ao 20 de cada mes. En xaneiro de 1909 o Centro mudouse á rúa Perú 689, lugar no que se instalou un pequeno servizo de curacións que funcionaba baixo o control do Dr. [[Pablo Rubido]], profesional que atendía de maneira gratuíta aos asociados no seu consultorio particular, mentres que as curacións estaban a cargo dun enfermeiro rentado. Dous anos máis tarde foron aprobados os Estatutos que integraron á Institución no Mutualismo.
 
No ano 1912 o Centro estableceuse na casa de rúa Vitoria (hoxe Hipólito Yrigoyen) 1176, onde se instalaron os primeiros consultorios médicos que dirixía gratuitamente o Dr. [[Avelino Barrio López|Avelino Barrio]], primeiro Director Médico. Así mesmo, implantouse a asistencia a domicilio, creándose tamén un consultorio nocturno, que atendía de 20 a 21 horas. Alí funcionaban ademais os servizos de farmacia, fúnebre e de asesoramento xurídico.
 
A atención médica foise acrecentando e no ano 1914 a Institución xa contaba con dez facultativos. En 1913, durante a presidencia de [[Laureano Alonso Pérez]], apareceu o primeiro número do ''[[Boletín Oficial do Centro Gallego]]'', que máis tarde comezou a editarse co nome de ''Galicia'', órgano de comunicación da Institución.