Centro Gallego de Buenos Aires: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadin a historia do centro gallego de buenos aires
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Etiqueta: Hiperligações de desambiguação
Liña 5:
 
= Historia =
Ao falecer don [[Pascual Veiga]], o autor da melodía ''Alborada galega'', realizouse un acto na súa memoria o 31 de outubro de 1906, no antigo Teatro Vitoria. Por mor dese acontecemento, o xornalista [[José R. Lence]] publicou no ''Diario Español'' un artigo que «enfervorizóenfervorizou e mobilizou á colectividade galega, xurdindo neste clima a iniciativa de fundar o Centro Gallego, feito que se concretou o 2 de maio de 1907», e por iso alguén dixo que «… o Centro Gallego naceu dunha canción».
 
Foi así que o 2 de maio de 1907 reuníronse representantes de varias asociacións galegas e o xornalista Lence, na rúa Alsina 946, casa do Presidente do Centro Vigués, don Antonio Varela Gómez, asinando a Acta de Fundación na cal se establecía que a mesma respondía o obxectivo de «… encher as necesidades de que completamente carece a nosa colectividade».
 
No mes de xuño de [[1907]], e con ao redor de 200 socios, o Centro trasladouse a un local alugado deda cálearúa Estados Unidos 1056, onde tiveron lugar as primeiras clases nocturnas de alfabetización. Don[[ Antonio Varela Gómez]] presidiu a Comisión Organizadora ata a redacción do primeiro Estatuto, o día 21 de xullo, cando foi elixido Presidente, donpresidente [[Roque Ferreiro]].
 
O 1 de outubro de 1907 comezou a editarse co nome de «''Rexión Galaica»'', a primeira publicación realizada pola Institución, que correspondía a un folleto publicado do 5 ao 20 de cada mes. En xaneiro de 1909 o Centro mudouse á rúa Perú 689, lugar no calque se instalou un pequeno servizo de curacións que funcionaba baixo o control do Dr. [[Pablo Rubido]], profesional que atendía de maneira gratuíta aos asociados no seu consultorio particular, mentres que as curacións estaban a cargo dun enfermeiro rentado. Dous anos máis tarde foron aprobados os Estatutos que integraron á Institución no Mutualismo.
 
No ano 1912 o Centro estableceuse na casa de cálearúa Vitoria (hoxe Hipólito Yrigoyen) 1176, onde se instalaron os primeiros consultorios médicos que dirixía @gratuitamente o Dr. [[Avelino Barrio]], primeiro Director Médico. Así mesmo, implantouse a asistencia a domicilio, creándose tamén un consultorio nocturno, que atendía de 20 a 21 horas. Alí funcionaban ademais os servizos de farmacia, fúnebre e de asesoramento xurídico.
 
A atención médica foise acrecentando e no ano 1914 a Institución xa contaba con dez facultativos. En 1913, durante a presidencia de [[Laureano Alonso Pérez]], apareceu o primeiro número do «''[[Boletín Oficial do Centro Gallego»]]'', que máis tarde comezou a editarse co nome de «''Galicia»'', órgano de comunicación da Institución.
 
A afluencia de socios continuou e obrigou a adquirir un edificio acorde coas novas necesidades, o que trouxo como consecuencia que no ano 1917, e mercé a unha subscrición popular, fóra adquirido o inmoble de Belgrano 2189, lugar no cal está emprazado actualmente. O mesmo foi comprado en 65.000 pesos, aínda que eran necesarios 41.000 pesos máis para a reedificación, motivo polo cal os integrantes de cada unha das comisións postulantes, vagaron de porta en porta, ata conseguir reunir os fondos. A obra comezou en 1918, inaugurándose o 2 de maio de 1920.
 
Anos máis tarde fíxose un chamamento á cooperación social, que deu como resultado un grande aumento no ingreso de socios, e novamente una das primeiras decisións da Xunta Directiva, foi a construción do edificio anexo ao local de Belgrano 2171, facéndose cargo o propio presidente, [[Alfredo Álvarez]], da dirección técnica e da compra de materiais a prezo de almacenistas. En 1923 foi a inauguración, sumando ás salas de clínica e cirurxía, 30 dormitorios cuxo mobiliario foi doado por significativas personalidades.
 
Entre 1923 e 1926 adquiríronse seis propiedades contiguas ao edificio social, por Belgrano, Pasco e Moreno. Emitíronse «obrigacións de 50 pesos cada unha sen interese, a cobrarse en cotas de 5 pesos mensuais e co compromiso, por parte do Centro, de reintegralas en cotas anuais, non menores do 10%». Como resultado desa subscrición a maioría dos contribuíntes doaron o importe en efectivo.
Liña 25:
En 1929 comprouse o inmoble de Belgrano 2159. En 1931 convocouse a concurso de anteproxectos para a construción da primeira parte do Edificio Social nos terreos de Belgrano e Pasco, e elixiuse como gañadora a proposta dos arquitectos Calvo, Jacobs e Giménez. Para a cerimonia, na que se colocou a pedra fundamental, foi traída terra das catro provincias galegas.
 
A inauguración foi o 2 de maio de [[1936]]. En 1938 adquiríronse dúas propiedades en Pasco 362 e 368, para a prosecución das obras. En 1940 iniciouse a construción da segunda etapa, en Belgrano e Pasco, que foi inaugurada en 1941.
 
== Véxase tamén ==