José Manuel Lage: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Peixe22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Peixe22 (conversa | contribucións)
Liña 6:
Licenciado en Ciencias Políticas pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] e diplomado en Estudos Superiores de Defensa Nacional pola mesma Universidade, é politicólogo e consultor, ademais posúe masters e postgrados polo ICADE, a [[UDC]] ou a EF Business School. Foi membro das [[Xuventudes Socialistas de Galicia]] dende os 14 anos<ref>[https://www.laregion.es/articulo/galicia/jose-manuel-lage-tunas-jueza-lara-puede-ir-rositas-dano-causado/202301081328181188534.html Entrevista]</ref>. Na súa adolescencia constitueu e participou en diversas asociacións culturais e deportivas na súa localidade natal, chegando a ser tamén secretario xeral da Asociación de Estudantes do IES Virxe do Mar de Noia<ref>Entrevista en ''La Voz de Galicia'', Barbanza, 19-2-1995, p.38.</ref>. Ocupou diversos cargos a nivel comarcal nas XSG do [[Barbanza]], pasando en novembro de [[1996]] a formar parte da Executiva Nacional galega como portavoz, e de [[1999]] a [[2002]] como Secretario Xeral. Formou parte tamén das directivas do Consello da Xuventude de Galicia dende [[1998]], sendo o seu presidente de [[2003]] a [[2004]]. Dende o Congreso de outubro de [[1998]] foi membro da Executiva Galega do PSdeG-PSOE, así como do Comité Federal do PSOE (2000-2004). Foi deputado no [[Parlamento de Galicia]] a partir dende maio de [[2004]], sendo reelixido tralas eleccións de [[2005]] e [[2009]].
 
En novembro de [[2009]] disputoulle a [[Salvador Fernández Moreda]] a secretaría xeral provincial do [[PSdeG]] na [[Coruña]] no correspondente Congreso, pero foi amplamente derrotado polo entón presidente da [[Deputación da Coruña]]. Concorreu novamente no Congreso provincial de xuño de [[2012]], volvendo a ser novamente derrotado polo exministro de xustiza [[Francisco Caamaño]]. En xullo dese mesmo ano foi elixido Secretario Xeral local en [[Noia]]<ref>[https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/parlamentario-jose-manuel-lage-elegido-secretario-psoe-noia-DGCG755273 El parlamentario José Manuel Lage, elegido secretario del PSOE de Noia]</ref>. Neste contexto e tralos enfrontamentos co secretario xeral galego, [[Pachi Vázquez]], e o congresual na provincia coruñesa con Caamaño, non foi incluído na candidatura socialista por ningunha das dúas executivas para as [[Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012]], pese a haber sido proposto por diversas agrupacións de toda a provincia, especialmente no [[Barbanza]], e ser un dos deputados máis activos do grupo socialista<ref>[https://www.laopinioncoruna.es/opinion/2012/09/13/caso-lage-tunas-ajuste-cuentas-24971850.html El caso de Lage Tuñas, un ajuste de cuentas]</ref>.
 
Trala súa saída do [[Parlamento de Galicia]] traballou como consultor e como investigador na [[USC]], compaxinándoo coa dirección orgánica dos socialistas en [[Noia]]. Nas [[Eleccións Municipais 2015 en Galicia|eleccións municipais de 2015]] foi número 3 da candidatura socialista en [[Noia]], encabezada por [[Miguel Paz Barreiro]], e foi elixido concelleiro. Os socialistas mantiveron a alcaldía tras chegar a un acordo cos independentes do NOIA, a Marea Cidadá e o [[BNG]], asumindo Lage as áreas de Economía, Facenda, Cultura e Patrimonio, ademais dunha tenencia de alcaldía e a portavocía do goberno. Porén, en xaneiro de [[2016]] os independentes rompen o pacto e marchan do goberno, e apoiaron unha moción de censura en febreiro que lle dou a alcaldía ao popular [[Santiago Freire]]<ref>[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2016/02/17/santiago-freire-alcalde-noia/0003_201602201602171455713039724.htm Santiago Freire, del PP, ya es el alcalde de Noia]</ref>. Trala perda do goberno, foi o portavoz dos socialistas na oposición.