Ría de Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Felipe V»
Melloras ortograficas
Liña 63:
 
O porto da ría de Ferrol ata ben entrado o [[século XIX]] tivo un carácter totalmente castrense, con escasas referencias ó pequeno peirao situado no barrio de Ferrol Vello. Un novo porto, desvencellado da actividade militar, estaba condicionado pola situación do ''Arsenal'' e o recinto amurallado defensivo da praza. Elixiuse o lugar anexo ó ''Arsenal'' cara ó oeste, sendo os primeiros estudos de [[1856]], a partir dos cales se realizou un pequeno dique do que arrancaba un espigón de 200 metros, construíndose o Peirao Sur e unha pequena dársena.
[[Ficheiro:Plano del Pais adyacente a las tres rías de la Coruña, Betanzos y Ferrol, llamado de las Mariñas, por el D.r D.n Domingo Fontán.JPG|miniatura|esquerda|300px|<center>''PLANO DELDO PAIS<br />adyacenteadllacente a lasdas tres rías de lada<br />CORUÑA, BETANZOS YE FERROL,<br />llamadoChamado de lasdas Mariñas,<br />Por elPolo [[Domingo Fontán|D.<sup>r</sup> D.<sup>n</sup> Domingo Fontán]]''</center>]]
O [[24 de agosto]] de [[1910]] creouse, por Real Decreto, a Xunta de Obras do Porto de Ferrol e a partir do ano seguinte procedeuse a ampliar a infraestrutura existente realizándose as obras de dragado e ampliación da dársena co Peirao de Curuxeiras e o adiantamento dos Cantís. No ano [[1918]] redactouse un anteproxecto que fixaba as liñas a seguir en futuras ampliacións, actuacións que se desenvolveron en [[1944]], cun importante salto cuantitativo, creando o Peirao de Ribeira (hoxe, Fenández Ladreda), que non se rematou ata [[1960]], apoiándose no Peirao Sur anterior e establecendo os accesos ferroviarios ó Porto e ó ''Arsenal''.