Tectónica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «da lugar»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «de algunha»
Liña 9:
A forma do releve terrestre depende en boa medida das estruturas xeolóxicas, é dicir, de como están dispostos os materiais e que o compoñen. As estruturas das [[formación rochosa|formacións rochosas]] son de dúas clases:
* Estruturas orixinais: son as estruturas que se forman á vez que a rocha e polos mesmos procesos petroxenénicos que as rochas. Por exemplo, nas [[rocha sedimentaria|rochas sedimentarias]] a estrutura orixinal típica é en forma de [[estratigrafía|estrato]]s, xeralmente paralelos e ás veces cruzados; nas [[Rocha volcánica|rochas volcánicas]] son as [[Lahar|coadas]] e [[Volcán|conos]]; nas [[Rocha magmática|rochas intrusivas]] son os [[Plutón (xeoloxía)|plutóns]] e os [[Dique (xeoloxía)|diques]].
* Estruturas deformadas: son estruturas alteradas pola aplicación natural de forzas dirixidas (esforzos) sobre formacións rochosas preexistentes. As deformacións correspondentes alteran a disposición previa dos materiais, que pode á súa vez ser unha estrutura de tipo orixinal ou ser xa o resultado de algunhadalgunha deformación anterior.
 
De acordo con estes conceptos, a tectónica é unha parte da [[xeoloxía estrutural]]: aquela que se centra nas estruturas de deformación sen situar no seu centro as estruturas de tipo orixinal. Na práctica, tectónica e xeoloxía estrutural son frecuentemente tratadas como sinónimas.