Xogos Olímpicos de 1908: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
waterpolo>wáter-polo
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
Inaugurados polo Rei [[Eduardo VII]], os Xogos tiveron a participación de 22 estados e 2.008 atletas, entre eles 37 mulleres, que disputaron probas en tres deportes diferentes: [[tenis]], [[ximnasia]] e [[patinaxe]] no xeo, embrión dos futuros Xogos de Inverno, do total de 24 modalidades. Foi nestes Xogos nos que [[Gran Bretaña]], por primeira e única vez, liderou o cadro de medallas nunha [[olimpíada]], nun total de 145 sendo 56 de ouro, máis do dobre dos seus entón máis férreos adversarios, os norteamericanos.
 
== Curiosidades ==
{{Curiosidades}}
* Por primeira vez, na cerimonia de apertura os atletas desfilaron por estados, visto que a maioría dos países enviou equipos nacionais.
[[Ficheiro:Dorando Pietri 1908.jpg|200px|dereita|miniatura|[[Dorando Pietri]] na chegada do [[maratón (atletismo)|maratón]] dos Xogos Olímpicos de Londres de 1908.]]
* O italiano [[Dorando Pietri]] protagonizou o máis dramático momento destes Xogos, que a historia preservou como a maior lembranza dos Xogos de [[Londres]] de [[1908]], ó vencer completamente exhausto e desorientado ao [[maratón (atletismo)|maratón]] e ser desclasificado logo, por ser axudado a cruzar a liña de chegada polos fiscais de pista, caíndo desmaiado a seguir. A [[fotografía]] que eternizou o momento da súa chegada é considerada o primeiro gran [[símbolo]] fotográfico dos deportes no [[século XX]].
* Nestes Xogos, o [[maratón (atletismo)|maratón]] foi disputada por primeira vez na distancia de 42.195 m -que se mantén até hoxe- para que a familia real puidese acompañar a saída da proba dos xardíns do Palacio de Verán, facendo así que a distancia a ser percorrida polos maratonistas, gañase máis 2.195 m alén dos 40 kms orixinais.
* Debido ás protestas da delegación dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], que se recusou a aceptar a anulación da primeira proba dos 400m lisos no [[Atletismo]] e a disputar nova carreira, o inglés Whyndam Halswelle conquistou a medalla de [[ouro]] desta proba correndo só.
* Os arqueiros Charlotte Dod e William Dod, foron os primeiros irmán e irmá en recibiren medallas olímpicas.
* Oscar Swahn, entón con sesenta anos, foi o atleta máis vello en gañar unha medalla de [[ouro]], na competición de [[Tiro (deporte)|tiro]].
* O norteamericano Ray Ewry gañou, por terceira vez, as probas de [[salto de altura]] e salto en distancia sen impulso (modalidade que xa non existe), manténdose até a data no único atleta en gañar oito medallas de [[ouro]] só en probas individuais.
* Nunha demostración do espírito deportivo dos [[Xogos Olímpicos]], a final de [[loita greco-romana]] entre Frithiof Martensson e Mauritz Andersson foi adiada para permitir que Martensson se recuperase dunha pequena lesión. Martensson acabaría por gañar a final.
 
== Modalidades disputadas ==