Bieito XIII, antipapa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «aportados»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
Nado no [[reino de Aragón]], era membro da [[familia de Luna|familia Luna]], unha das principais familias aragonesas, emparentada con arcebispos e reis. Dedicouse á igrexa, como era tradición cos segundos fillos da casa de Luna. Estudou leis na [[Universidade de Montpellier]], onde máis tarde foi profesor de [[dereito canónico]].
 
Foi nomeado cardeal polo papa [[Gregorio XI]] nos turbulentos anos da sede de Aviñón. Acompañou ó pontífice cando, a instancias de Santa [[CatalinaCatarina de Siena]], este foi a [[Roma]]. O papa Gregorio XI faleceu durante os preparativos para o seu regreso a Aviñón, fuxindo dos conflitos e revoltas en Roma.
 
Obrigados polo pobo romano, que irrompeu no [[conclave]] tirando unha porta e que ameazou con decapitalos, a maioría dos cardeais votaron ó futuro [[Urbano VI]]. Trala chegada dos restantes cardeais que non puideran acudir a Roma a tempo, consultouse a Pedro de Luna sobre a lexitimidade do conclave, e cos datos achegados canonicamente entendeuse que non fora legal, xa que se votara por medo, non por convicción. Elixiuse entón a [[Clemente VII, antipapa|Clemente VII]], que volveu a Aviñón. Pedro de Luna foi legado deste pontífice durante 16 anos.