Siddhartha Gautama: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Libros: arranxiños
Liña 71:
 
Os shakyas eran un grupo étnico subhimalaio oriental que se consideraba fóra do Āryāvarta ("[[arios|morada dos arios]]") e de "orixe mixta" (''saṃkīrṇa-yonayaḥ'', posiblemente parte aria e parte indíxena). [[Leis de Manu|''As leis de Manu'']] (10.11, 22) e o ''Baudhāyana-dharmaśāstra'' (1.1.2.13-4) trátanos como non arios, e o mero feito de visitalos requiría un sacrificio purificador como expiación.<ref name=":8">Levman, Bryan Geoffrey (2013). "Cultural Remnants of the Indigenous Peoples in the Buddhist Scriptures". ''Buddhist Studies Review''. '''30''' (2): 145–180. ISSN 1747-9681.</ref> Isto confírmase no pali ''Ambaṭṭha Sutta'', onde se di que os sakias son de "fala ruda", "de orixe servil" e os brahmans critícaos porque "non honran, respectan, estiman, reverencian nin renden homenaxe aos [[Brahmana|brahmans]]." Algunhas das prácticas non védicas desta tribo incluían o incesto (casar coas súas irmás), o culto ás árbores, aos espíritos das árbores e aos [[naga]]s.<ref name=":8" /> Segundo Levman, "aínda que o modo de falar rudo dos sakias e os seus antepasados munda non proban que falasen unha lingua non [[Linguas indoarias|indoaria]], hai moitas outras probas que suxiren que eran, de feito, un grupo étnico (e probablemente lingüístico) separado".<ref name=":8" />
 
Á parte dos brahmans védicos, a vida de Buda coincidiu co florecemento de influentes escolas de pensamento [[Sramana|śramaṇa]] como [[Ajivika|ājīvika]], [[Chárvaka|cārvāka]], xainismo e [[ajñana]].<ref>Jayatilleke (1963), capitulos 1–3.</ref> O ''Brahmajala Sutta'' rexistra sesenta e dúas destas escolas de pensamento. Neste contexto, un śramaṇa refírese a alguén que traballa, afánase ou se esforza (por algún propósito superior ou relixioso). Tamén foi a época de pensadores influentes como [[Mahavira]], [[Pūraṇa Kassapa]], [[Góshala|Makkhali Gosāla,]] [[Ajita Kesakambalī]], Pakudha Kaccāyana, e [[Sanyaia Belatthaputta|Sañjaya Belaṭṭhaputta]], como se recolle no ''Samaññaphala Sutta'', cuxos puntos de vista o Buda debeu coñecer con toda seguridade.<ref>Walshe (1995), p. 268.</ref><ref>Collins (2009), pp. 199–200.</ref> Tamén hai probas filolóxicas que suxiren que os dous mestres do buda, Alara Kalama e Uddaka Rāmaputta, eran realmente figuras históricas e que moi probablemente ensinaron a Buda dúas formas diferentes de técnicas meditativas.<ref>Wynne (2007), pp. 8–23, capitulo 2 ''passim''.</ref> Así pois, Buda era só un dos moitos filósofos śramaṇa dunha época na que a santidade da persoa xulgábase polo seu nivel de [[ascetismo]].<ref>Warder, A.K. (1998). "Lokayata, Ajivaka, and Ajnana Philosophy". A Course in Indian Philosophy (2nd ed.). Delhi: Motilal Banarsidass Publishers. <nowiki>ISBN 978-81-208-1244-4</nowiki>.</ref>
 
== Traxectoria ==