Siddhartha Gautama: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ensinanzas: arranxiños
Liña 69:
[[Ficheiro:Mahākāśyapa_meets_an_Ājīvika_and_learns_of_the_parinirvana,_Gandhara_sculpture_2.jpg|miniatura|upright|[[Mahākāśyapa]] atópase cun [[Ājīvica]] asceta, un dos grupos Śramaṇa comúns na antiga India.]]
O nome "Sakamuni" ou "Sakyamunī" ("sabio dos [[Sakia|sakias]]") e outras evidencias dos primeiros textos suxiren que Buda naceu no [[Sakia|clan sakia]], unha comunidade que estaba na periferia, tanto xeográfica como culturalmente, do [[subcontinente indio]] no [[século -V|século V a. C.]] A comunidade era unha pequena república ou unha [[oligarquía]]. É posible que o seu pai fose un xefe elixido, ou un oligarca.<ref>Gombrich (1988), p. 49.</ref> Johannes Bronkhorst chama a esta cultura oriental "Gran [[Magadha]]" e sinala que "o budismo e o [[xainismo]] xurdiron nunha cultura que se recoñecía como non [[Vedismo|védica]]".<ref>Bronkhorst, J. (2007). "Greater Magadha, Studies in the culture of Early India," p. 6. Leiden, Boston, MA: Brill. doi:10.1163/ej.9789004157194.i-416</ref>
 
Os shakyas eran un grupo étnico subhimalaio oriental que se consideraba fóra do Āryāvarta ("[[arios|morada dos arios]]") e de "orixe mixta" (''saṃkīrṇa-yonayaḥ'', posiblemente parte aria e parte indíxena). [[Leis de Manu|''As leis de Manu'']] (10.11, 22) e o ''Baudhāyana-dharmaśāstra'' (1.1.2.13-4) trátanos como non arios, e o mero feito de visitalos requiría un sacrificio purificador como expiación.<ref name=":8">Levman, Bryan Geoffrey (2013). "Cultural Remnants of the Indigenous Peoples in the Buddhist Scriptures". ''Buddhist Studies Review''. '''30''' (2): 145–180. ISSN 1747-9681.</ref> Isto confírmase no pali ''Ambaṭṭha Sutta'', onde se di que os sakias son de "fala ruda", "de orixe servil" e os brahmans critícaos porque "non honran, respectan, estiman, reverencian nin renden homenaxe aos [[Brahmana|brahmans]]." Algunhas das prácticas non védicas desta tribo incluían o incesto (casar coas súas irmás), o culto ás árbores, aos espíritos das árbores e aos [[naga]]s.<ref name=":8" /> Segundo Levman, "aínda que o modo de falar rudo dos sakias e os seus antepasados munda non proban que falasen unha lingua non [[Linguas indoarias|indoaria]], hai moitas outras probas que suxiren que eran, de feito, un grupo étnico (e probablemente lingüístico) separado".<ref name=":8" />
 
== Traxectoria ==