Siddhartha Gautama: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
texto traido desde a wiki .es:Buda Gautama
Liña 3:
[[Ficheiro:Standing_Bodhisattva_Gandhara_Musee_Guimet.jpg|miniatura|upright| Príncipe Siddharta, Gandhara, século II]]
'''Siddhārtha Gautama''' (este é o nome en [[Lingua sánscrita|sánscrito]], sendo Siddhāttha Gotama en [[Lingua pali|pali]]) foi un príncipe, [[Ascetismo|asceta]], [[Meditación|meditador]], [[ermitán]] e mestre espiritual que viviu do [[-563|563 a.C.]] ata o [[-483|483 a.C.]], no reino de Shakya - que hoxe en día sería parte da fronteira do [[Nepal]] coa [[India]]. Sobre a base dos seus ensinos fundouse o [[budismo]],<ref>Gethin (1998), pp. 5, 9, 10, 14.</ref><ref>[[John S. Strong|Strong, J.S.]] (2001), p. 1.</ref>{{sfn|Warder|2000|p=45}} e é venerado polos budistas como un ser plenamente iluminado que ensinou un camiño cara o [[Nirvana]] (lit. desaparición ou extinción), a [[Moksha (hinduismo)|liberación]] da [[Avidya|ignorancia]], o [[Upadana|apego]], o renacemento e o sufrimento. Ensinou principalmente no noroeste do [[subcontinente indio]] durante uns corenta anos.<ref name="#1">[[John S. Strong|Strong, J.S.]] (2001), p. 131.</ref> O seu ensino baséase nunha visión do sufrimento e o fin do sufrimento (''[[Nirvana|nirvāṇa]]''). É recoñecido universalmente polos budistas como o Supremo [[Buda]] da nosa era.
 
Segundo a tradición budista, naceu en [[Lumbini]] no que é actualmente [[Nepal]], no seo dunha familia aristocrática na xa desaparecida república [[Sakia]]. Renunciou á vida laica e, despois de varios anos de mendicidade, meditación e ascetismo, experimentou un espertar espiritual. Por tanto, coñéceselle co título de Buda, que significa «O Esperto».<ref>Gethin (1998), p. 8.</ref> Logo, o Buda viaxou pola [[chaira indoganxética|chaira ganxética]] ensinando e construíndo unha comunidade relixiosa que incluía homes e mulleres, laicos e monásticos.
 
Gautama era o seu nome de familia, Siddhārtha significa "aquel cuxos obxectivos son alcanzados".