Morse: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «na Alemaña»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «numero»
Liña 27:
A comezos de [[1837]], [[William Cooke]] e [[Charles Wheatstone]] introduciron telégrafos eléctricos na [[Inglaterra]], que tamén controlaban electroimáns nos receptores, pero no seu sistema as agullas xiráronse para indicaren que caracteres se enviaban. Pola contra, o sistema inicial de telégrafos de Morse e Vail que entrou en operación en [[1844]], marcaba unha cinta de papel.
 
O código Morse foi desenvolto de forma que os operadores puidesen traducir as marcas da cinta de papel a mensaxes de texto. Inicialmente, Morse planeara transmitir só números, e empregar un [[dicionario]] para buscar cada palabra conforme co numeronúmero no que fose enviado. De todas formas, o código expandiuse para incluír letras e caracteres especiais, de forma que puidese ser empregado para mensaxes máis completas. As marcas curtas chamáronse "puntos" e as longas "raias", e as letras máis empregadas na [[lingua inglesa]] foron asignadas ás secuencias máis curtas.
 
Nos telégrafos orixinais, o armazón no receptor facía un clic cada vez que se movía dentro e fóra da posición de marcaxe da cinta. Os operadores axiña aprenderon a ler directamente os clics ao comezo e final dos puntos e raias, significando que xa non se necesitaba máis o uso da cinta. Cando se adoptou o código Morse á [[radio (medio de comunicación)|radio]], os puntos e raias enviáronse en forma de tons curtos e largos.