Nicolae Ceaușescu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Segunda Guerra Mundial»
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía}}
 
'''Nicolae Ceaușescu''', nado en [[Scornicești]] o [[26 de xaneiro]] de [[1918]] e finado en [[Târgoviște]] o [[25 de decembro]] de [[1989]], foi un político, comunista e ditador [[Romanía|romanés]].
 
== Traxectoria ==
Liña 12:
Nos anos 60 rematou coa participación activa de Romanía na alianza militar do [[Pacto de Varsovia]], destacando a súa condena á invasión de [[Checoslovaquia]] en [[1968]]. En [[1974]] Ceaușescu converteuse en presidente de Romanía, mantendo a súa posición independente nas relacións internacionais. Por iso, en 1984, o seu país foi un dos dous países pertencentes ao eixo comunista que participaron nos [[Xogos Olímpicos de 1984|Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984]]. Ademais, o país foi o primeiro do bloque do leste en ter relacións oficiais coa [[Unión Europea|Comunidade Europea]].
 
Con todo, Ceaușescu non quixo realizar reformas liberais. A evolución do seu réxime seguiu a ruta leninista imposta por Gheorghiu-Dej. A súa oposición ao control soviético foi maiormente determinadodeterminada pola súa falta de vontade de cambiar a súa política [[stalinismo|estalinista]]. A policía secreta romanesa ([[Securitate]]), mantivo un firme control sobre a liberdade de expresión e os medios de comunicación e non tolerou a existencia algunha de oposición. Isto intensificouse nos anos 80.
 
Para pagar a débeda externa acumulada produto da industrialización acelerada na década anterior, ordenou a exportación de gran parte da produción agrícola e industrial do país. O resultado foi a escaseza de comida, enerxía e medicamentos, que provocou que a vida diaria dos romaneses fose unha loita pola supervivencia. Ceaușescu ademais instituíu un culto á súa persoa, dándose a si mesmo o título de ''Conducător'', tendo ata un cetro feito para el como presidente. Tamén múltiples membros da súa familia tiveron importantes posicións no seu goberno, como a súa muller Elena Ceaușescu.