Lisa Simpson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 5686601 de 81.84.89.109 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 25:
Lisa Simpson desempeña o papel do membro destacado da familia, cun gran futuro por diante do que apenas se aproveita o seu potencial intelectual. Representa a cativa de oito anos superdotada, activista, [[Idealismo|idealista]], responsable e frustrada; cuxas ganas de facerse maior e querer ser tratada como unha persoa adulta chocan constantemente coa súa idade e crecemento. Os seus dous roles principais na serie consisten en formular os problemas típicos que fan a convivencia de dous irmáns de diferente sexo con apenas dous anos de diferenza e en cuestionar constantemente os valores do mundo adulto a través dun prisma infantil excesivamente crítico e inxenuo.
 
Os guionistas da serie aproveitan a presenza deste personaxe non só para desenvolver capítulos con tramas de contido [[Ecoloxía|ecoloxista]] e idealista, pero tamén para denunciar o trato humano á [[natureza]] e criticar as inconsistencias ou inxusticiasinxustizas das ideoloxías e relixións occidentais.
 
Como elemento excesivamente racional da serie, ás veces Lisa parece consciente do soporte ficticio no que transcorre parte da vida da familia Simpson. Estes recursos son usados polos guionistas como fonte de humor e para facerlles chiscadelas aos fanáticos máis críticos e esixentes, pero normalmente acostuman ser salvados dalgunha maneira integrándoos con comentarios enxeñosos sobre a mesma realidade ficticia. Lisa é a máis remisa a pronunciar calquera tipo de slogan, xa que o considera como un engano publicitario ou comercial, cousa da que está en contra debido á súa ideoloxía [[Anticapitalismo|anticapitalista]].