Iolao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ourol (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «se ben se»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «fillo maior»
Liña 23:
Á morte de Heracles e para axudar ós [[Heráclidas]], conduciu a moitos deles a [[Sardeña]], especialmente a moitos dos fillos que tivera aquel coas cincuenta fillas de [[Tespio]], co encargo de crear alí unha colonia; outras fontes din que foi alá por encargo de Heracles. Iolao conquistou as mellores terras da illa e civilizou ós seus habitantes, fundando diversas cidades coa axuda de [[Dédalo (mitoloxía)|Dédalo]], polo que chegaría a ser adorado na illa. Tamén foi a [[Sicilia]] (aínda que outras fontes afirman que morrera en Sardeña) e fundou novas cidades e santuarios en honor a Heracles divinizado.
 
Euristeo prohibiu o regreso a [[Tirinto]] de [[Alcmena]] (a nai de Heracles), de Ificles e mais de Iolao (xa na vida do heroe, prohibiulle regresar aínda despois de cumprir os doce traballos). A maiores, obrigou ós reis de [[Corinto antiga|Corinto]] e de [[Traquis]] que os acolleran, a expulsalos, polo que tiveron que refuxiarse en [[Atenas]]. Tamén esixiu ó rei de Atenas que os expulsase da cidade, pero os atenienses negáronse. Euristeo declaroulles a guerra pero foi derrotado e tivo que fuxir. Foi perseguido por [[Hilo (mitoloxía)|Hilo]], o fillo maiormáis vello de Heracles, que lle deu alcance e o matou, aínda que [[Píndaro]] (''Píticas'', IX, 79) conta que foi Iolao quen o matou. Respecto a estes feitos, dise que Iolao pediu a Zeus que lle permitira recuperar a súa forza da xuventude durante só un día (ou só unha hora), para poder axudar á súa familia. Foille permitido e puido volver para matar a Euristeo.
 
[[Ovidio]] di que este don lle foi concedido por [[Hebe (mitoloxía)|Hebe]], deusa da xuventude <ref>Lémbrese que Heracles, tras morrer e ascender ó Olimpo, casou coa deusa Hebe.</ref>.