Afonso I de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «filla menor»
Liña 61:
Tras a morte de García en prisión, en [[1096]] Afonso VI dividiu o territorio galego en dous [[condado]]s. En [[1091]] a súa filla, a princesa [[Urraca de León e Castela|Urraca]] casara co nobre [[Borgoña|borgoñón]] [[Raimundo de Borgoña]], que asistira a Afonso na loita cos [[almorábides]]. As vitorias militares de Raimundo e a altura das súas relacións familiares en Europa propiciaran a conveniencia do enlace matrimonial, matrimonio ao que Afonso VI outorgou un importante dote: o goberno das terras galegas, desde o Ortegal até Coimbra, co título de condes.
 
Dous anos máis tarde, en [[1093]], outro cruzado francés, [[Henrique de Borgoña]], neto do duque [[Roberto I]], tomaba a man da filla menormáis nova de Afonso VI, [[Tareixa de León]] recibindo o goberno do [[Condado Portucalense|Condado de Portugal]], así como o de [[Coímbra]], fundado o ano 868 polo nobre galego [[Vimara Pérez]], e que comprendía as terras situadas entre os ríos [[río Limia|Limia]] e [[río Douro|Douro]].
 
Artellábase deste xeito, unha complexa rede de relacións feudais; por unha parte, o rei Afonso VI, que gobernaba toda a Galicia e Toledo, recibía vasalaxe feudal de Raimundo e Urraca, que gobernaban s terras galegas desde Ortegal até Coimbra, e estes, á súa vez recibíana, de Tareixa e Henrique de Borgoña.