Jože Plečnik: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Categoría.
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «II Guerra Mundial»
Liña 24:
Jože Plečnik viviu o resto da súa vida en Liubliana, onde se concentran a meirande parte das súas obras. Os seus comezos en [[Liubliana]] foron moito máis modestos. Comezou construíndo a súa propia casa en [[Trnovo]] ([[1923]]-[[1925]]), que conserva o ambiente e os utensilios empregados polo arquitecto na súa vida, así como os seus arquivos. Mais pronto recibiu importantes encargos como a Igrexa de [[San Francisco de Šiška]] (''Župnijska cerkev sv. Frančisčka v Šiški'') ([[1925]]-[[1930]]).
 
Para a capital eslovena, Plečnik creou un deseño de rúas e canles nos que introduciu numerosos elementos primarios: pequenas columnas, farois, bancos, vexetación, pontes e prazas. Quería transformar a cidade nunha nova [[Atenas]], a nova capital cultural da nación eslovena, e tentou renovar as formas históricas metafóricamente para recrear o repertorio ateniense. Destacan o mercado, que é un complexo urbano á dereita do [[río Ljubljanica]], cunha monumental columnata que chega ata a ponte dos dragóns; tamén a Biblioteca Nacional e Universitaria, que é o punto culminante da súa arquitectura; sen esquecer o famoso [[Cemiterio de Žale]], segundo planos anteriores á [[IIsegunda Guerraguerra Mundialmundial]], cuxa entrada é un impresionante portal cunha columnata que simbolicamente separa o espazo dos vivos do dos mortos.<ref>''Dónde. Guía de Liubliana'', Liubliana, 2012</ref>
 
A súa gran reputación porén, perdeuse logo da Segunda Guerra Mundial, xa que no medio da Checoslovaquia comunista, as súas obras pasaron a ser vistas como elitistas. A partir da década dos '40, Plečnik non realizou ningunha obra, a excepción de algunhas fontes, monumentos menores e reformas en igrexas. Logo da súa morte, acontecida o [[7 de xaneiro]] de [[1957]], a súa figura quedou esquecida, ata que nas décadas dos '80 e '90, recuperouse o interese na súa arquitectura, cando a escola posmodernista se instalou no lugar das sobrias construcións soviéticas.