Transbordador espacial Discovery: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «recibíu»
 
Liña 3:
 
==Historia==
O transbordador recibíurecibiu o seu nome por un dos [[buque]]s usados por [[James Cook]] durante a súa exploración do [[océano Pacífico]] durante a década de 1770. Durante a súa construción empregáronse as leccións aprendidas durante a montaxe dos seus predecesores, o transbordador de probas [[Transbordador espacial Enterprise|Enterprise]] e as naves operativas [[Transbordador espacial Columbia|Columbia]] e [[Transbordador espacial Challenger|Challenger]]. Á saída da liña de montaxe o Discovery era 3115 kg máis lixeiro que o Columbia. Xunto co Challenger, o Discovery tiña a particularidade de que foi reacondicionado para poder transportar foguetes [[Centaur (foguete)|Centaur]] na bodega de carga para o lanzamento de satélites. Despois do [[accidente do transbordador espacial Challenger]] decidiuse que, por seguridade, ningún transbordador levaría foguetes Centaur como carga.
 
O contrato para a fabricación do orbitador foi firmado o 29 de xaneiro de 1979. A nave quedou finalizada o 12 de agosto de 1983, co seu primeiro voo o 30 de agosto do ano seguinte. A primeira revisión en profundidade do Discovery tivo lugar en febreiro de 1992, inspeccionándose completamente a súa estrutura e realizándose 78 modificacións. A segunda tivo lugar entre setembro de 1995 e xuño de 1996, e nela instalouse o sistema de acoplamento coa [[Estación Espacial Internacional]], mellorouse a iluminación da baía de carga e fixéronse varias decenas de melloras e arranxos.