Explosión cámbrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «en China»
 
Liña 4:
Ata o inicio do Cámbrico, a [[vida]] na [[Terra]] consistía basicamente en [[alga]]s, [[bacterias]], [[protozoo]]s, [[celentéreo]]s e [[poríferos]]. A [[fauna]] do período anterior ao Cámbrico é tamén coñecida como [[Fauna Ediacarana]].
 
Mentres, nun curto espazo de tempo na [[escala de tempo xeolóxico|escala xeolóxica]] (estimado en 5 millóns de anos), xurdiron practicamente todos os [[filo (bioloxía)|filos]] animais coñecidos, inclusive os precursores dos [[vertebrados]], alén doutros que a ciencia non consegue clasificar, todos eles organismos mariños. O rexistro da existencia destes seres é evidenciado a través de fósiles atopados en poucos lugares do mundo, como en [[Burxes Shale]], no [[Canadá]] ou na provincia de [[Yunnan]], enna [[China]].
 
Formas de vida estrañas tomaron lugar nos océanos, xuntamente con [[trilobite]]s, [[crustáceo]]s, [[molusco]]s, [[anélido]]s, [[equinodermo]]s e outros filos animais existentes hoxe en día. Animais como os ''Hallucixenia'' (non se sabe a que filo pertencía), que posuían sete pares de espiños nunha face e sete tentáculos terminando en vigorosas pinzas na outra (non se sabe cal sería seu dorso ou seu ventre), cun prolongamento en forma de tubo ou cilindro nunha extremidade e un espesamento na outra (non se sabe cal sería a súa parte anterior ou posterior); os ''Opabinia'', con cinco ollos na súa cabeza e un órgao que dela se proxectaba, terminando nunha extremidade bifurcada; o ''Anomalocharis'', un predador de 60 centímetros de lonxitude, semellante a un artrópodo; e o ''Pikaia'', un verme posuidor dunha corda cartilaxinosa arredor dun nervio dorsal, probabelmente o primeiro [[cordado]].