Serialismo integral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «remprazara»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «gran illamento»
 
Liña 2:
 
== Historia ==
A xeración máis nova dos compositores [[Europa|europeos]] xurdida trala [[IIsegunda Guerraguerra Mundialmundial]], rodeada de privacións materiais e dun grangrande illamento cultural, experimentou unha forte reacción contra a súa herdanza cultural, xa que para eles a tradición da música occidental parecía intrínsecamente vencellada aos fracasos políticos e sociais do pasado. Pensaban que se ía xurdir un mundo novo e mellor, tamén era necesario crear un novo tipo de música totalmente distinta a calquera outra que existira ata o momento. O [[Neoclasicismo (música)|neoclasicismo]], a corrente dominante na música europea durante un cuarto de século, foi visto con certa sospeita e aversión pola meirande parte dos compositores máis novos, que o vían como unha tentativa de reconciliar as revolucións técnicas postonais e os fundamentos estéticos da época anterior, polo que era necesario levar a cabo unha ruptura total coas nocións musicais anteriores. Crian que os primeiros compositores do século XX fallaran á hora de levar a cabo unha revolución musical que comportase unha era radicalmente nova, en palabras de [[Pierre Boulez]]:{{Cita|En 1945-1946 nada estaba preparado e todo quedaba por facer: foi todo un privilexio o poder levar a cabo certos descubrimentos e atoparnos a nós mesmossen ningún punto de referencia, o cal tivo as súas dificultades, mais tamén as súas vantaxes''.<ref>''Orientations'', ed Jean-Jacques Nattiez</ref>}}
 
Nun famoso e provocativo ensaio titulado ''Schönberg está morto'', escrito en [[1952]] pouco despois da morte do compositor [[Viena|vienés]], Boulez comeza alabando a figura do mestre austríaco por ter inventado o sistema dodecafónico, para logo criticalo por non telo desenvolvido en toda a súa extensión. Schönberg tratara as series como se foran un tema en lugar dunha configuración abstracta de intervalos, e as substituíra polo esquema formal clásico e preclásico en lugar de derivar as estruturas seriais das propias características da serie.